CASTO SAMPEDRO FOLGAR

Na foto ollamos a figura de CASTO SAMPEDRO FOLGAR, nado en Redondela en 1848 e finado en Pontevedra no ano 1937. Foi un historiador, avogado, folclorista e investigador de arqueloxia. Foi educado na Universidad de Santiago de Compostela, sendo membro da Real Academia Galega ( 1905 a 1937). Casto Sampedro iniciou a carreira eclesiástica primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, onde se inicio como músico, e trás abandoar o Seminario pasou a Facultade de Dereito de Compostela. Rematando a carreira en 1872 cando se incribiu como avogado en Redondela. Como musicólogo destacou a súa obra EL CANCIONEIRO GALEGO . Ao final residiu en Pontevedra.

Carballo 14 abril 2026

PEDRO GARCÍA CUARTANGO

Na foto ollamos a figura de Pedro García Cuartango, nado en Miranda de Ebro ( Burgos) en 1955. Periodista español, columnista do periódico ABC. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. (Opina sobre los CARLISTAS).

Carballo 7 abril 2026

XAIME QUINTANILLA MARTÍNEZ

Na foto ollamos a figura de Xaime Quintanilla Martínez, nado na Coruña en 1898 e finado en Ferrol no ano 1936.

Xaime Quintanilla Martínez formou parte das Irmandades da Fala dende o momento da Constitución no ano 1916, cando se uniu á Agrupación de Compostela, onde estudaba Medicina, e tras establecerse en Ferrol xogou un papel importante para que se fundase nesa cidade unha Irmandade local. Alí foi tamén un dos nomes que converteron o grupo ferrolán nunha referencia para o novo Teatro Galego. Donosiña, estreada no ano 1921 no Teatro Jofre, é boa mostra deses novos aires que lle imprimiron á dramaturxia.

Na foto darriba ollamos o Fragmento do manuscrito, parte do segundo acto de Donosiña. A Academia Galega conserva o manuscrito da obra, que comparte en versión dixital na sección AS IRMANDADES DA FALA NOS FONDOS DA ACADEMIA. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ As Irmandades da Fala procuraron a renovación do teatro e sacar proveito del como ferramenta sociolinguística. Deixaron así atrás os ambientes rurais das obras costumistas rexionalistas, tratando de espallar a idea, a través de novos escenarios, tramas e personaxes , de que o galego era unha lingua válida para calquera contexto, incluidos os das clases sociais media e alta. Con este propósito no ano 1919 crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega, cuxa primeira obra foi A MAN DE SANTIÑA , de RAMÓN CABANILLAS, estreada o 22 de abril do ano 1919 no Pavillón Lino da Coruña. Pouco despois anunciábase que empezarían os ensaios de DONOSIÑA, de XAIME QUINTANILLA, pero o Conservatorio nunca estreou a obra, que xiraba arredor dun caso de adulterio e o matrimonio de conveniencia. O tema, ou sobre todo o xeito de abordalo, puido ser unha das causas de desavinzas no seo das IRMANDADES DA FALA. A polémica rematou coa disolución do Conservatorio Nacional de Arte Galego e o propio autor subiuse ao escenario para representar DONOSIÑA, estreada o 7 de abril do ano 1920 no Teatro Jofre de Ferrol. Malia a boa acollida do público, a crítica na prensa da època deu tamén conta do rexeitamento que provocou no sector máis reaccionario da sociedade ferrolá, que a cualificou de inmoral. O manuscrito DONOSIÑA que ollamos na foto inferior conservase no Arquivo da Real Academia Galega dende o ano 2010, cando chegou á rúa Tabernas grazas a unha doazón do escritor XOSÉ CARBALLUDE . Ollamos a tapa do caderno no que XAIME QUINTANILLA escribiu a obra de teatro.

Quizais por todo isto DONOSIÑA non chegou a publicarse no seu momento. A primeira edición, a cargo da investigadora da Universidade da Coruña, Laura Tato, saíu á luz en 1997 na Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. A profesora é tamén a responsable da edición do volume O TEATRO NAS IRMANDADES DA FALA publicado no ano 2016 pola REAL ACADEMIA GALEGA, que inclúe, entre outras, esta obra. A escolma forma parte da serie de antoloxias da Real Academia Galega promovida co gallo do Centenario das Irmandades.

Carballo 7 abril 2026

FORO DO BO BURGO DE CASTRO CALDELAS

A Composición do FORO DO BO BURGO de Castro Caldelas, documento en galego do século XIII en abril do ano 1228, atopado na Casa de Alba, editado polo Consello da Cultura Galega ( Documento de Privilexio Real Rodado). Autor, Daniel Souto.

O Fuero de Castro Caldelas denominado » FORO DO BO BURGO DE CASTRO CALDELAS » foi un privilexio entregado polo rei ALFONSO IX en Allariz no ano 1228. O texto en galego do documento escomenza así : EU DON ALFONSO PORLA GRATIA DE DEUS REY DE LEON A VOS OMES… ASSY AOS PRESENTES COMO AOS QUE AN DE VÍIR,… E o documento dado por Alfonso IX en 1228 é o máis antigo escrito en galego en Galicia.

Castro Caldelas celebrará o vindeiro 14 de maio, ás 19 horas en Santa María do Burgo de Caldelas, a cuarta edición dos Premios Foro do Bo Burgo, unha iniciativa que busca recoñecer o labor a prol da lingua galega en diferentes ámbitos culturais, sociais e profesionais. Nesta edición serán distinguidos diversas persoas e entidades polos seus méritos en distintos eidos : Simón R. Doubleday no ámbito da historia; Siro López na arte; Maribel Outeiriño no xornalismo; Valentín García na lingua; María do Ceo na música; Ignacio Vilar no cine; MIRO CASABELLA pola canción » O meu país «; Casa da Cuesta pola reconstrución da Historia; Fundación Otero Pedrayo no Ano Oteriano; Rosalía Morlán na literatura; Marta Lucio na dirección; Rafael Louzán na xestión deportiva; monseñor Leonardo Lemos no ámbito da fe; Apatrigal na defensa da cultura; e Carmen Eiro Bouza no eido do dereito. ¡¡¡¡ O Evento recoñecerá a persoas e entidades polo seu traballo e defensa a prol da Lingua Galega nos seus distintos ámbitos. Os premios toman o seu nome do FORO DO BO BURGO DE CALDELAS, considerado o documento máis antigo escrito en galego que se conserva. Datado no ano 1228, trátase dun texto legal atribuido ao rei ALFONSO VIII de León que recolle os dereitos e obrigas da veciñanza do Burgo. Aínda que non se sabe con certeza se é o orixinal ou unha tradución ao galego, constitúe unha peza fundamental da Historia da Lingua, que neste ano alcanza os 798 anos. A celebración contará tamén coa referencia a figuras históricas vinculadas ao contexto do foro, como Laurentinus Hispanus, destacado canonista medieval, ou Bernaldus II.

Nota : En este texto aparecen Alfonso VIII de Castilla e ALFONSO IX de León, monarcas contemporáneos e primos que mantiveron unha relación complexa e tensa, marcada pola rivalidade territorial e política a finais do século XII e principios do XIII. A pesar dos conflictos, sellaron unha alianza familiar a través do matrimonio de Alfonso IX con Berenguela de Castilla, filla de Alfonso VIII. De esta unión naceu Fernando III El Santo.

CARBALLO 4 ABRÍL 2026

MANUEL LEIRAS PUMPIDO

Na foto ollamos a figura de Manuel Leiras Pumpido, escritor, médico, autor e poeta. Foi membro da Real Academia Galega entre os anos 1905 e 1912 ; ademáis foi distinguido no Día das Letras Galegas en 1983. Estudiou latín e humanidades no Seminario do seu pobo, Mondoñedo e máis tarde Medicina en Madrid. Exercendo a medicina en Mondoñedo con gran recoñecemento popular. Foi presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal, anticlerical, onde o seu talante creoulle numerosas dificultades.

Escribiu un solo libro que ollamos na foto inferior, » CANTARES GALLEGOS » , con poemas de tipo popular e de temática costumbrista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito á figura do MARISCAL PARDO DE CELA. Os seus restos repousan no Cemiterio Civil de Mondoñedo.

Carballo 2 abríl 2026

CARMEN PURA VÁZQUEZ IGLESIAS.

Na foto ollamos a figura de Carmen Pura Vázquez Iglesias. Nada en Ourense no ano 1918 e finada no ano 2006. Foi unha poeta galega e mestra. Criouse na Coruña ata os sete anos, momento no que regresou a Ourense. Onde estudio Maxisterio. Comenzou a escribir e publicar dende moi xoven en revistas e prensa galegas durante os primeiros anos do Bacharelato. En galego publicou : » ÍNTIMAS » (1952), » MATURIDADE » ( 1955), » A SAUDADE E OUTROS POEMAS» (1963), » MONICREQUES » ( 1974) etc . Tamén escribiu en castelán como » PEREGRINO DE AMOR » (1943). Foi galardonada con moitos premios e recibiu numerosos homenaxes e mencións honoríficas.

Carballo 31 marzo 2026

EL GENERAL SANJURJO

Na foto ollamos a figura de JOSÉ SANJURJO SACANELL, coñecido como o General Sanjurjo. Nado en Pamplona en 1872 e finado en Cascaes (Portugal) no ano 1936. Foi un militar español activo durante o primeiro tercio do século XX a quen o rei ALFONSO XIII lle concedeu o título de Marqués do Rif , pola súa participación durante a guerra do RIF, en especial no desembarco de Alhucemas.

Carballo 30 marzo 2026

XOÁN VIDAL MARTÍNEZ

Na foto ollamos a figura de Xoán Vidal Martínez nado en Salcedo (Pontevedra ) no ano 1904 e finado en Pontevedra en 1994. Foi un poeta galego pertencente a Xeneración galega do 25, xunto a Luís Amado Carballo e José Maria Álvarez Blázquez. Publicou en galego » Mágoas » e en castelán » Alcor » e » Os sendeiros inútiles «. Fundou as Revistas Hebe, Alborada e Cristal, a primeira de corte nacionalista e ás dúas últimas exclusivamente literarias. Cofundador do Partido Galeguista de Pontevedra xunto con Castelao do que chegou a ser presidente. Represaliados él mesmo e os seus compañeiros de xeneración tras a guerra Civil española, executados uns, exiliados outros, deixou a poesía para adicarse ao seu traballo como mestre.

Carballo 30 marzo 2026

JULIO CAMBA ANDREU

Na foto ollamos a figura de Julio Camba Andreu , nado en Villanueva de Arosa ( Pontevedra) un 16 de decembro do ano 1884 e finado en Madrid en febreiro de 1962 a causa dunha embolia. Foi un periodista, escritor e humorista. Seu pai era practicante e mestre de escola e tiña un irmán novelista, Francisco Camba. Aos trece anos fuxiu da casa e embarcou como polizón en un barco a Arxentina. En Bos Aires introducese nos círculos anarquistas, facendo as súas primeiras armas literarias, redactando Proclamas e Panflectos. A consecuencia desto no ano 1902 é expulsado da Arxentina xunto con outros anarquistas extranxeiros. De retorno a España comeza a colaborar no Diario de Pontevedra, pero axiña instalase en Madrid, onde escribe para publicacións ácratas como EL PORVENIR DEL OBRERO y LA REVISTA BLANCA. En poucos meses crea o seu propio periódico na calle de la Madera : EL REBELDE .

JULIO CAMBA ANDREU, foi en palabras do tamén escritor e xornalista MANUEL VICENT, un cosmopolita literario e un correspondente de luxo nas cidades de París, Londres, Nova York, Roma e Lisboa. Un home que non sabía idiomas, pero que suplía esta carencia coa súa agudeza visual e a súa capacidade para interpretar o que sucedía ao seu arredor, como se o mundo se acabase de inventar para el naquel intre. Despois de moito viaxar polo mundo, JULIO CAMBA asentouse en Madrid, foi a partir do ano 1949, hospedado no céntrico hotel Palace. Alí escribia e desde alí saía a xantar con amigos nos restaurantes próximos. Porque el sempre mantivo unha gran fidelidade co seu contorno cultural, no que figuraban xornalistas como o insigne vimiancés CELSO COLLAZO LEMA , que foi o primeiro delegado da axencia pública EFE en Moscú ( que ollamos na foto inferior) .

e o gran pintor catalán SALVADOR DALÍ , ao que convenceu de que debia visitar Compostela. Pola súa banda, o escritor asturiano RAMÓN PÉREZ de AYALA definiuno coma un enfant terrible que tiña a inocencia anxelical dun neno grande amado polo todos, porque JULIA CAMBA sempre coidou moito a lealdade e o trato coa xente que tiña próxima. As súas novelas fóronse reeditando continuamente, ao longo do tempo, circunstancia que acredita a vixencia da súa obra e o seu discurso. Libros como LA CASA DE LÚCULO o el ARTE DE COMER, HACIENDO REPÚBLICA, LA CIUDAD AUTOMÁTICA ou AVENTURAS DE UNA PESETA, conforman a singularidade esencial do seu incomparable ser literario. Porén tamén é certo que a realidade dos tempos actuais non dá para que as obras literarias como as de JULIO CAMBA estean de moda, ou cando menos, non o están tanto como deberían. Porque JULIO CAMBA , non sabía moitos idiomas, nin falta que facía, bastaba coa súa mirada, única e irrepetible. Por isto tería tanto sentido que o recuperásemos. Ou, infinitamente máis sinxelo, proben a lelo, e así decataranse das razóns que avalan a súa escritura, e o seu marabilloso universo, tan galego, por outra parte.

Carballo 29 marzo 2026