RETRATO Ó ÓLEO DE ALFREDO BRAÑAS

É moi coñecido o retrato ó óleo que de Alfredo Brañas Menéndez , fixo José María Fenollera Ibañez. Un longo e largo cadro, un óleo sobre lenzo apaisado que media seis centimetros máis do metro de alto e metro e medio de largo. Nunha das visitas que Paulino Pedret, lle fixo a irmán máis nova de Alfredo Brañas, chamada Magdalena onde falou con ela baixo o cadro de Brañas, en Vilagarcía de Arousa. A maís dun faloulle Paulino Pedret do cadro de Brañas pintado por Fenollera, foi precisamente a Dionisio Gamallo Fierros  co dexeso de dar unha conferencia sobre Brañas  no Círculo Mercantíl, coa presencia da mencionada obra. O mellor sería a reproducción fotográfica do retrato ó óleo que conservaba súa irmán en Santiago, núa casa frente a Banca de Olimpio Pérez. O cadro é apaisado e aparece sentado nunha silla mecedora, nunha galería ou solana. Ten moito sabor da época e está ben entonado de color. O sobriño de Brañas, Ángel González Brañas(fillo de Teresa,súa irmán),cediu o cadro para ambientar o salón do actos do Círculo Mercantil, con motivo do recital poético. Pasado o acto foi levado ó Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos,onde xa non se moveu, pasando a formar parte da galería do centro. Fenollera que era valenciano de nacemento deixou a súa impronta non sólo na pintura sinon tamén no mobiliario, neses muebles curvados de fabricación valenciana,que compoñen a estancia de Brañas, onde sobresale a mecedora. ——-A composición do cadro aséntase sobre unha habíl perspectiva, acadada non só cos primeiros planos, senón tamén polas cousas que deixa insinuadas dentro do marco no que se encadra a situación, mais sobre todo polas manchas ascendentes que deixa no piso. O seu realismo, propio dunha visión académica da pintura, na que Fenollera era mestre, permitíalle ó pintor mirar a Brañas nun momento da súa xornada normal,en etapa de vacacións, en Vilagarcía de Arosa,onde veraneaba Brañas.O periódico que está lendo pensase que era EL LIBREDÓN, mais o Libredón desaparecera moitos anos antes, aínda que tampouco parece que fose La Gaceta de Galicia. O cadro é moi demandado por distintas galerias de arte, e diso é coñecido polo nome do cadro viaxeiro.(o que ollamos na foto é  ó orixinal).smart

REUNIÓN DA GESTORA CO SOBRIÑO-NETO DE ALFREDO BRAÑAS.

Fotografias onde ollamos a entrada do Restaurante ” El  Manjar ” na rúa Jesús Fernández nº 7 (na zona do Calvario) ao carón da rúa Urzaiz. Eiqui foi onde se chegou o acordo para o traslado do Legado de Alfredo Brañas Menéndez, dende Vigo ao Concello de Carballo,na data do 27 de xaneiro do ano 2018. Na outra foto a reunión da gestora,formada polo catedrático de arte contemporaneo da Universidade de Vigo, Antón Castro Fernández e José Manuel Cameán Vázquez(promotor), co sobriño-neto do escritor, Santiago Gonzalez-Brañas Barreiro, que é o depositario do Legado do escritor.

Vigo     27  xaneiro   2018

CENTENARIO EN CARBALLO DE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ

Ollamos dos recortes do periódico LA VOZ DE GALICIA do martes 20 de xaneiro de 1959.Onde comunícan que foron instaladas duas placas na casa onde naceu o ilustre profesor. Os actos foron organizados polo Concello de Carballo, en colaboración coa Xunta Alfredo Brañas e  á Real Academia Galega. Neses intres o alcalde de Carballo, era Gregorio Chillón de la Fuente .

Nota: Todos éstes recortes de prensa, están no arquivo do Concello de Carballo. No recorte de prensa da dereita, está a foto do alcalde de Carballo, Gregorio Chillón de la Fuente, lendo o seu discurso do Centenario do nacemento de Brañas.

JOSÉ MARÍA DE PEREDA

Fotografía orixinal atopada na casa do sobriño-neto do Legado de Alfredo Brañas; do escritor cantabro, José María de Pereda (1833-1906), político e escritor afiliado o Carlismo, amigo e afín en certos momentos ás ideas de Alfredo Brañas. Cando Benito Pérez Galdós, escapaba dos atosigantes veráns madrileños e ficaba a Santander, onde chegou a mercar unha casa no Sardiñeiro, coñecida como finca de San Quintín, á cal era visitada por José María de Pereda e Alfredo Brañas,( a pesar de ter ideoloxias diferentes),  Emilia Pardo Bazán, e outros escritores.

Esta foto orixinal enviada no seu tempo por Pereda a Brañas, xa que se carteaban, está depositada no arquivo do Concello de Carballo.smart

50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ALFREDO BRAÑAS

CONFERENCIA —- HOMENAJE  .- a la memoria del prohombre gallego ALFREDO BRAÑAS  primer socio honorario del Círculo Mercantil e Industrial, en el CINCUENTENARIO DE SU MUERTE.  A cargo de D. Paulino Pedret Casado ( Catedrático de la Facultad de Derecho de la Universidad Compostelana). SALÓN DE ACTOS DEL CÍRCULO MERCANTIL .  A las ocho de la tarde del día 25 de Febrero de 1950.

El Círculo Mercantíl, estaba onde se situa la Fundación Granell, na  Plaza do Toural (foto),en Santiago de Compostela.

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

TERESA BRAÑAS MENÉNDEZ

Teresa Brañas Menéndez, irmán de Alfredo Brañas, tamén nada en Carballo o 31 de decembro do ano 1861,( na foto co seu fillo Alfredo González Brañas ). Ollamos un escrito (copia literal del original que se encuentra en Arquivo Histórico de Santiago.Seminario). ACTA DE DEFUNCIÓN DE DOÑA TERESA BRAÑAS MENÉNDEZ.  En cementerio general de Sto. Domingo de la ciudad de Santiago de Compostela a trece de Noviembre de mil novecientos doce se dió supultura eclesiástica al cadáver de Dña. Teresa Brañas Menéndez,que falleció ayer en la casa número 4 de la Troya(en foto). Era casada en primeras nupcias con Dn. Manuel Cardama y en segundas nupcias con Dn. Tomás González Moar, hija legítima de D. Vicente Brañas y Dª. Celestina Menéndez, natural de San Juan de Carballo, vecina de esta de San Benito del Campo y de 50 años. Recibió todos los sacramentos de enfermos y demás auxilios espirituales y el mismo día hubo funeral de entierro en la parroquia con asistencia de nueve Sres. Sacerdotes, un cantor y armonium. Y lo firmo como párroco.      D. VICENTE LÓPEZ VIGO

CRUCEIRO EN CARBALLO EN HONOR A ALFREDO BRAÑAS

Dende 1982 érguese na Plaza de Galicia de Carballo, un fermoso cruceiro feito polo escultor, Manuel García Vázquez, máis coñecido polo nome de Manolo de Buciños. Cruceiro feito en bronce e pedra, en homenaxe a Alfredo Brañas Menéndez; a obra deixa ollar ocos e rotos, estilo moi característico deste escultor. Na foto da dereita deixanos ver o debuxo do monumento, según diseño orixinal do autor( esbozo orixinal  que se conserva no arquivo municipal do Legado de Brañas).

DEDICATORIA DOS CENTROS GALEGOS EN BOS AIRES

OS CENTROS CORUÑÉS, OURENSÁN E PONTEVEDRÉS de Bos Aires, e na súa representación, Don Manuel Pazos González, como Delegado especial para os Actos do Día  de Galiza de 1950 en Compostela, adícan con profundo afecto a DOÑA MAGDALENA BRAÑAS MENÉNDEZ, iste recordo do noso emoziado homenaxe e garimosa ofrenda ao esgrevio e inolvidable patriota galego e sabio mestre, ALFREDO BRAÑAS, espello e guía dos emigrantes galegos no amor a nosa Terra.

Santa-yago  a  25 de Xulio de 1950

CENTRO GALEGO DE MONTEVIDEO

Na foto o ” CENTRO GALEGO DE MONTEVIDEO” o máis antigo do mundo,cumpre 140 anos de historia. Cando Montevideo recibia a miles de entrañables xentes portadoras de novas sensibilidades e utopías, nacia o Centro Galego. Esas xentes derónse cita de amor aquél 30 de setembro do ano 1879, cos ollos humedecidos polos choros da lexanía de aquela Galiza á que moitos nunca máis poidéron retornar. Centro Galego que será bandeira do mundo da nosa emigración,porque naceu dun aturuxo de un alalá ou dun esconxuro dunha muñeira, porque xa se sabe,cando os galegos se atópan  é queren facer algo grande,rompen a cantar. O Centro Galego, o cál foi agasallado con libros da obra cumbre de Alfredo Brañas Menéndez ” O REXIONALISMO “,por medio do escritor santiagués,emigrado de rapaz a Montevideo, Manuel Losa Rocha,e na súa visita a Carballo,para presentar un libro(que ollamos na foto a súa portada sobre o Centro Galego de Montevideo),fixo de emisario. A obra de Alfredo Brañas foi  traducida ao galego, neste ano 2019 e editada pola Diputación Provincial da Coruña.

17 outubro 2019Centro Galego de Montevideo