DOCUMENTO DE DEFUNCIÓN DE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ

El veinte y tres de febrero de mil novecientos, en el cementerio de la R I Cofradía del Rosario, de la ciudad de Santiago se dió sepultura eclesiástica al cadáver del Señor Don Alfredo Brañas Menéndez, Doctor en Derecho Civil y Canónico y Catedrático de Economía Política y Hacienda Pública de esta Universidad literaria. Era natural de la villa de Carballo, de cuarenta y un años, hijo de don Vicente y Doña Celestina, y estaba casado con Doña. Ramona Casulleras Galiano; estando domiciliado en la calle de la Azabachería número cinco, en donde falleció el día veinte y uno después de haber recibido, con gran fervor, todos los Santos Sacramentos y auxilios espirituales y la Bendición Apostólica. No otorga testamento. En el mismo día veinte y tres, se le hicieron en la iglesia de la Compañia los funerales de entierro, con asistencia de veinte y tres señores sacerdotes, dos cantores y dos fagots, y la Capilla de Música, verificándose enseguida su sepelio, con acompañamiento de los mismos y de la Banda Municipal asistiendo además, lo mismo que al funeral no solo el Claustro, sino también Comisiones de todos los Centros. El día veinte y seis le hicieron en la misma iglesia, los funerales de Honras, con el mismo acompañamiento de sacerdotes, cantores, fagots, y un terceto de voces con Armonium. Para que conste lo firmo como Cura Ecónomo. Los funerales se hicieron de cuerpo presente.                                                                                                                                                                         José Seoane Capians

Nota de prensa:  O acontecemento paralizou  á  cidade, era un día de temporal en Santiago, cai a choiva en Compostela e facia moito frio.  As ventás están de luto, cubertas de crespóns negros. Na mesma porta da vivenda do finado no seu despacho estaba depositado o seu cadáver, rodeado dos seus alumnos. Arredor do feretro estaban colocados  catro cirios grandes e oito alumnos. A caixa era de madeira ribeteada , no  piso  estaba colocado  un paño negro, onde estaba depositado o  feretro.  Alfredo vestia un saial e os pés descalzos. Enganchadas ao feretro habia unhas cintas negras que durante a comitiva portaron  os representantes  do Circulo Mercantíl , do Ateneo León XIII e do Círculo Obrero Católico  que formaban parte do cortexo fúnebre.  A saida era dende a súa casa na rúa   Acibecheria  nº  5 (que ollamos na foto da esquerda) ,  logo Plaza de Cervantes,  Calderería– Preguntoiro  e finalmente, Plaza da Universidade onde se atopa a Iglesia da Compañia  (ollamos na foto da dereita)  onde se celebrarón os funerales.  Logo dos funerales o mesmo recorrido, pasando pola rúa Algalía de Arriba ata o cementerio do Rosario en Bonaval.

RÚA ACIBECHERÍA EN SANTIAGO

Rúa que tivo unha gran influencia na vida da familia Brañas. En tempos pasados, séculos XV- XVI  e XVII, esta rúa concentraba unha presencia de artesáns do azabache; da aí recibiu o nome, que tamén foi chamada rúa da moeda, porque chegouse acuñar moeda nos tempos do Arzobispo Xelmirez. Era entrada ao Camiño Francés pola porta do Camiño  que era onde se iniciaba a baixada a rúa Acibechería .                                                    Nesa rúa na casa  nº 5 ( que ollamos na foto ) residiu Alfredo Brañas Menéndez ata a súa morte que aconteciu no ano 1900, coa súa dona, Ramona Casulleras Galiano, cando se casaron no ano 1885. Tamén residiu a súa irmán máis nova, Magdalena Brañas no nº 20 da mesma rúa, e onde formou o seu primeiro Colexio no nº 10 do 2º andar.                         Nota:  A porta da entrada ao edificio está a dereita, a da esquerda, hoxe Restaurante eran antigamente ás caballerizas( que ollamos na outra foto ).

PROTECTORES DE ALFREDO BRAÑAS

O Duque de Terranova D. Alfonso Osorio de Moscoso, compañeiro de estudios de Alfredo Brañas, que cando quedou orfo de pai, foi o duque quen o presentou a súa nai, a Duquesa de Medina de las Torres, Doña Eulalia Osorio de Moscoso y Carbajal ( na foto ), que se constitui en protectora del. Tamén será a que axude económicamente ao casamento de Teresa Brañas ( irmán de Alfredo ) con  Tomás González, do que nace o médico e poeta Alfredo González Brañas,  que foi o que máis tarde cedeu o cadro de Alfredo Brañas (na mecedora ) pintado polo coñecido pintor José María Fenollera.                  Magdalena Brañas a irmán máis nova de Alfredo fora partícipe das enseñanzas e formación do Duque de Terranova, coñecido co nome de  D. Alonso Osorio de Moscoso (na foto) amigo intimo de Alfredo Brañas. Sendo Senador dende o ano 1894 a 1901 , ano no que finou en Vilagarcía.

DEUS FRATESQUE GALLAECIA

Suso Vaamonde Polo( na foto) coñecido como Suso Vaamonde ( 1950-2000), foi un cantautor galego, compositor dende os dezaseis anos,onde nos anos setenta pasa a formar parte do grupo Voces Ceibes, onde pon música aos poemas galegos.                                   Cantou o poema de Alfredo Brañas  ” DEUS FRATESQUE GALLAECIA ”  que significa Deus eos irmáns galegos,  obra que fora musicada no ano 1911 por Luís Taibo García. As xuventudes galeguistas de Santiago (mocedades de Ultreya) tomárono  como o seu himno. Foi un poema candidato no seu tempo a concertarse oficialmente como himno galego. sendo tamén un dos lemas das revoltas irmandiñas no século XV.Suso Vaamonde(Voces Ceives)

PERIÓDICO ” EL CORREO ESPAÑOL “

El Correo Español, periódico fundado polo periodista Luís María de Llander- primeiro director no ano 1888. Sendo o propietario Carlos de Borbón y Austria-Este,e  sendo impulsado entre outros polo marqués de Cerralbo. O periódico desarrollará un papel moi importante na reorganización do carlismo.   Trala marcha de  Juán Vázquez de Mella y Fanjul (1861-1928) de Santiago de Compostela a Madríd, pensan en el pra dirixir o xornal.—- Vázquez de Mella xa formara parte da Revista de la Juventud Católica de Santiago sendo vicepresidente primeiro, Alfredo Brañas Menéndez e como vicepresidente segundo o doutor en Medicina, Juan Barcia Caballero; tamén colaborou na revista A PATRIA GALEGA  que estaba presidida por Manuel Murguía e con Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, como vicepresidentes. Dirixira últimamente o PENSAMENTO GALAICO e o DIARIO DE GALICIA,dando por finalizada a súa etapa en Santiago. Pasando a súa andaina no periódico  O CORREO ESPAÑOL de Madríd, onde asume o liderato do Carlismo . En Galicia e sobre todo en Cataluña, a igrexa botou man dos rexionalistas- onde Alfredo Brañas era un deses elexidos, para desenrolar a labor xornalística ó servicio do catolicismo. Os carlistas quedáran sin voceiro na capital de España e por iso crean O CORREO ESPAÑOL. Juan Vázquez de Mella, que coñecia ben a Brañas da súa etapa de Santiago,tenta conquistalo e integralo xuntamente co seu grupo de Compostela,sobre todo cando se decata que os liberais da Coruña, liderados por Manuel Murguía se fixeran co control do movemento rexionalista. Onde é destacado o artigo ” de _Alfredo Brañas,  “LABOREMUS “,  cunha especial dedicatoria a Carlos de Borbón, publicado o 21 de novembro de 1898, que tanta tensión provocaría no goberno. Entre Vázquez de Mella e Alfredo Brañas existiu sempre unha gran amizade, onde Vázquez de Mella fixo publicamente loas de Brañas e moitas veces saíu dos seus labios no Parlamento o nome de Alfredo. A colaboración de Alfredo Brañas no periódico O CORREO ESPAÑOL , sen ser asidua, está formada por artigos de diversa indole, xa relixiosa, literarias ou rexionalistas.

XORNAL ” LA POLÍTICA “

A  dificultades económicas da familia obrigan a Alfredo Brañas a pensar na emigración, esta vez a Madrid, a onde chega no ano 1880,  alí viuse obrigado a baixarse ós oficios máis homildes, pero non deshonrosos, gañaba tres reás diarios, primeiro repartindo entregas, onde un se pregunta como puido vivir con semellante miseria. A súa primeira actividade xornalística continuada comenza en Madrid, entre finais de 1880 e principios de 1881, no xornal canovista , liberal-conservador denominado  ” LA POLÍTICA ” fundado en 1863 por Pedro Antonio de Alarcón y Ariza (1833-1891- na foto pola esquerda); empezou a publicar artigos no xornal e logo entrou a formar parte da súa redacción. A desaparición do xornal   LA POLÍTICA  acontece un 24 de febreiro de 1881 onde languidece progresivamente por falta dunha dirección idónea ; para inxectarlle savia nova, os copropietarios suxeriron a posibilidade de darlle unha nova orientación, sen que entre ámbolos donos nese intre o Marqués de Villamantilla e o Conde de Casa Sedano (na foto pola dereita) que nese intre era o director do xornal chegaran a acordo e polo tanto, decidiron pechalo. Polo que se deduce que Alfredo Brañas viviu os últimos días de vida do xornal canovista en Madríd, onde volta a Galicia a mediados do ano 1881, a Cambados e logo a Santiago, onde foi chamado polo seu amigo Barcia Caballero para propoñerlle a redacción de  EL PORVENIR de Santiago.

DOUTORADO DE ALFREDO BRAÑAS

Non son coñecidas ata hoxe fotografías da infancia ou xuventude de Alfredo Brañas Menéndez, a súa condición de líder político dentro do rexionalismo galego, serviu para que a súa imaxe se conservase nos medios periodísticos. Tamén por causa do filtro institucional académico, a súa imaxe física puido traspasa-lo paso do tempo e a conservación da imaxe persoal do publicista. O filtro académico concretouse nunha fotografía de Alfredo Brañas lucindo o seu traxe académico, con toga e a medalla de doutor, que centran a súa imaxe institucional. Non se coñece a data exacta da súa creación, mais puido ser realizada no ano 1893, con motivo da lectura pública do seu discurso académico sobre ” LA CRISIS ECONÓMICA EN LA ÉPOCA PRESENTE Y LA DESCENTRALIZACIÓN REGIONAL “. Non consta quén foi o autor da fotografía,mais puido ser Manuel Chicharro Bisi (na foto da dereita) fotografo e intelectual sen que se poida asegurar plenamente. Alfredo Brañas posa nesta fotografía en traxe académico en posición frontal, aínda que cunha leve inclinación cara á dereita, e en nivel inferior, con ostensible exhibición da medalla academica, simbolo do seu doutoramento.smart

CELESTINA MENÉNDEZ VILA

Na foto ollamos  a  nai de Alfredo Brañas Menéndez,  Celestina Menéndez Vila,  que a bautizaron con nome de Celestina, Liria María de las Mercedes,que era filla de Rita Vila Capriles y de Gregorio Menéndez, naciu na Coruña o 24 de setembro de 1827  e finou en Santiago na Azabachería nº 20 o día 11 de agosto de 1903.

LA MAESTRA MAGDALENA BRAÑAS

En su colegio enseñaba Magisterio y Bachillerato, pero como clases particulares. Según ella los colegios que colmarían mis exigencias, serían del tipo del Padre Manjón,( consiste el método manjoniano, en la escuela al aire libre, haciendo todas las explicaciones sobre el terreno.  El colegio de Magdalena Brañas, lo tuvo en la Azabachería, más tarde en la Algalia de Arriba, después frente a las Animas, en cuyo lugar celebramos las bodas de plata, y poco después y por venderse la casa nos trasladamos a la actual en la Plaza de Cervantes.smart

CRUZ DE LA ORDEN CIVIL DE ALFONSO X EL SABIO

A  ciudad da Santiago con sus autoridades y representaciones oficiales,se sumó al emotivo y brillante homenaje. Ayer se celebró en el Paraninfo de la Universidad el homenaje a la ejemplar profesora Doña Magdalena Brañas Menéndez, a la que el Rector don Luís Legaz Lacambra, impuso la Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio,recientemente concedida por el gobierno. En la foto vemos a la homenajeada Magdalena en la escalinata de la Universidad, rodeada de un grupo de antiguas alumnas.smart