ADICACIÓN DE BRAÑAS A ROSALÍA

(De los originales que hay en la Biblioteca PENZOL de Vigo, de esta Revista, transcribimos

———————————————  LA   PATRIA  GALEGA  ——————————————————-

Santiago  15 de Mayo de 1891

Desde qu’o pé d’os olivos                                                                                                                       d’ Andina enterrar che vin                                                                                                                   eu non sei por que me lembro                                                                                                              d’a miña patria infelis….                                                                                                                       Ti n’a coba, ela esquecida                                                                                                                      de todos, ¡ triste de min !                                                                                                                     ¡ Cantándoche os teus cantares                                                                                                            choro por ela… e por ti.

A. Brañas

A boa Memoria de Dª Rosalía Castro de Murguía

PERIÓDICO ” EL CORREO ESPAÑOL “

El Correo Español, periódico fundado polo periodista Luís María de Llander- primeiro director no ano 1888. Sendo o propietario Carlos de Borbón y Austria-Este,e  sendo impulsado entre outros polo marqués de Cerralbo. O periódico desarrollará un papel moi importante na reorganización do carlismo.   Trala marcha de  Juán Vázquez de Mella y Fanjul (1861-1928) de Santiago de Compostela a Madríd, pensan en el pra dirixir o xornal.—- Vázquez de Mella xa formara parte da Revista de la Juventud Católica de Santiago sendo vicepresidente primeiro, Alfredo Brañas Menéndez e como vicepresidente segundo o doutor en Medicina, Juan Barcia Caballero; tamén colaborou na revista A PATRIA GALEGA  que estaba presidida por Manuel Murguía e con Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, como vicepresidentes. Dirixira últimamente o PENSAMENTO GALAICO e o DIARIO DE GALICIA,dando por finalizada a súa etapa en Santiago. Pasando a súa andaina no periódico  O CORREO ESPAÑOL de Madríd, onde asume o liderato do Carlismo . En Galicia e sobre todo en Cataluña, a igrexa botou man dos rexionalistas- onde Alfredo Brañas era un deses elexidos, para desenrolar a labor xornalística ó servicio do catolicismo. Os carlistas quedáran sin voceiro na capital de España e por iso crean O CORREO ESPAÑOL. Juan Vázquez de Mella, que coñecia ben a Brañas da súa etapa de Santiago,tenta conquistalo e integralo xuntamente co seu grupo de Compostela,sobre todo cando se decata que os liberais da Coruña, liderados por Manuel Murguía se fixeran co control do movemento rexionalista. Onde é destacado o artigo ” de _Alfredo Brañas,  “LABOREMUS “,  cunha especial dedicatoria a Carlos de Borbón, publicado o 21 de novembro de 1898, que tanta tensión provocaría no goberno. Entre Vázquez de Mella e Alfredo Brañas existiu sempre unha gran amizade, onde Vázquez de Mella fixo publicamente loas de Brañas e moitas veces saíu dos seus labios no Parlamento o nome de Alfredo. A colaboración de Alfredo Brañas no periódico O CORREO ESPAÑOL , sen ser asidua, está formada por artigos de diversa indole, xa relixiosa, literarias ou rexionalistas.

RETRATO Ó ÓLEO DE ALFREDO BRAÑAS

É moi coñecido o retrato ó óleo que de Alfredo Brañas Menéndez , fixo José María Fenollera Ibañez. Un longo e largo cadro, un óleo sobre lenzo apaisado que media seis centimetros máis do metro de alto e metro e medio de largo. Nunha das visitas que Paulino Pedret, lle fixo a irmán máis nova de Alfredo Brañas, chamada Magdalena onde falou con ela baixo o cadro de Brañas, en Vilagarcía de Arousa. A maís dun faloulle Paulino Pedret do cadro de Brañas pintado por Fenollera, foi precisamente a Dionisio Gamallo Fierros  co dexeso de dar unha conferencia sobre Brañas  no Círculo Mercantíl, coa presencia da mencionada obra. O mellor sería a reproducción fotográfica do retrato ó óleo que conservaba súa irmán en Santiago, núa casa frente a Banca de Olimpio Pérez. O cadro é apaisado e aparece sentado nunha silla mecedora, nunha galería ou solana. Ten moito sabor da época e está ben entonado de color. O sobriño de Brañas, Ángel González Brañas(fillo de Teresa,súa irmán),cediu o cadro para ambientar o salón do actos do Círculo Mercantil, con motivo do recital poético. Pasado o acto foi levado ó Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos,onde xa non se moveu, pasando a formar parte da galería do centro. Fenollera que era valenciano de nacemento deixou a súa impronta non sólo na pintura sinon tamén no mobiliario, neses muebles curvados de fabricación valenciana,que compoñen a estancia de Brañas, onde sobresale a mecedora. ——-A composición do cadro aséntase sobre unha habíl perspectiva, acadada non só cos primeiros planos, senón tamén polas cousas que deixa insinuadas dentro do marco no que se encadra a situación, mais sobre todo polas manchas ascendentes que deixa no piso. O seu realismo, propio dunha visión académica da pintura, na que Fenollera era mestre, permitíalle ó pintor mirar a Brañas nun momento da súa xornada normal,en etapa de vacacións, en Vilagarcía de Arosa,onde veraneaba Brañas.O periódico que está lendo pensase que era EL LIBREDÓN, mais o Libredón desaparecera moitos anos antes, aínda que tampouco parece que fose La Gaceta de Galicia. O cadro é moi demandado por distintas galerias de arte, e diso é coñecido polo nome do cadro viaxeiro.(o que ollamos na foto é  ó orixinal).smart

XORNAL ” LA POLÍTICA “

A  dificultades económicas da familia obrigan a Alfredo Brañas a pensar na emigración, esta vez a Madrid, a onde chega no ano 1880,  alí viuse obrigado a baixarse ós oficios máis homildes, pero non deshonrosos, gañaba tres reás diarios, primeiro repartindo entregas, onde un se pregunta como puido vivir con semellante miseria. A súa primeira actividade xornalística continuada comenza en Madrid, entre finais de 1880 e principios de 1881, no xornal canovista , liberal-conservador denominado  ” LA POLÍTICA ” fundado en 1863 por Pedro Antonio de Alarcón y Ariza (1833-1891- na foto pola esquerda); empezou a publicar artigos no xornal e logo entrou a formar parte da súa redacción. A desaparición do xornal   LA POLÍTICA  acontece un 24 de febreiro de 1881 onde languidece progresivamente por falta dunha dirección idónea ; para inxectarlle savia nova, os copropietarios suxeriron a posibilidade de darlle unha nova orientación, sen que entre ámbolos donos nese intre o Marqués de Villamantilla e o Conde de Casa Sedano (na foto pola dereita) que nese intre era o director do xornal chegaran a acordo e polo tanto, decidiron pechalo. Polo que se deduce que Alfredo Brañas viviu os últimos días de vida do xornal canovista en Madríd, onde volta a Galicia a mediados do ano 1881, a Cambados e logo a Santiago, onde foi chamado polo seu amigo Barcia Caballero para propoñerlle a redacción de  EL PORVENIR de Santiago.

PERIODICO EL ALCANCE

El Alcance, definido na súa cabeceira como ( diario católico-noticieiro-independiente-telegráfico-defensor dos intereses morales e económicos de Galicia ), do que era fundador ademáis  de dono e director do mesmo Antonio Fernández Tafall ;que ollamos na foto a dereita,( fillo de Manuel Bibiano Fernández, que fora fundador da Gaceta de Galicia). Antonio Fernández adicoulle un número extraordinario a Alfredo Brañas no seu periodico xa que era colaborador do xornal o 1 de xuño de 1893 con un encarte de seis páxinas, en papel satinado, que contrastaba co poroso da edición diaria, con unha gran portada na primeira paxina, na que figuraba a icona de Alfredo Brañas, como ollamos na foto, enmarcada no seo dunha siboloxía galega. O xornal reproducia o seu discurso no banquete celebrado en honor dos poetas laureados nos Xogos Florais de Barcelona, a noite do día 7 de maio do ano 1893. No número extraordinario figuraba unha extensa colaboración, na que, ademais dos inevitables amigos Xoán Barcia Caballero ou Salvador Cabeza de León, asi mesmo a de Manuel Murguía, quen en vez de falar de Alfredo Brañas, como implicitamente estaba claro que debia ser, saía cunha evocación da xuventude e a esperanza nos novos rexionalistas. Da parte artística do número extraordinario encargouse o coñecido artista santiagués e profesor da Escola de Artes e Oficios, Xosé Peña Menéndez. O  Xornal agradeciulle a Xosé Pena a súa colaboración no tocante a parte artistica do extraordinario do diario El Alcance, xa que a súa función limitábase á portada, xa que o resto do xornal non estaba ilustrado.  Na portada de Xosé Peña situaba a Brañas nun cartela, con cravos, que realzaban a obra. Ollanse unhas follas de acanto como adorno, sobre o que se asenta o busto de Alfredo Brañas.

DOUTORADO DE ALFREDO BRAÑAS

Non son coñecidas ata hoxe fotografías da infancia ou xuventude de Alfredo Brañas Menéndez, a súa condición de líder político dentro do rexionalismo galego, serviu para que a súa imaxe se conservase nos medios periodísticos. Tamén por causa do filtro institucional académico, a súa imaxe física puido traspasa-lo paso do tempo e a conservación da imaxe persoal do publicista. O filtro académico concretouse nunha fotografía de Alfredo Brañas lucindo o seu traxe académico, con toga e a medalla de doutor, que centran a súa imaxe institucional. Non se coñece a data exacta da súa creación, mais puido ser realizada no ano 1893, con motivo da lectura pública do seu discurso académico sobre ” LA CRISIS ECONÓMICA EN LA ÉPOCA PRESENTE Y LA DESCENTRALIZACIÓN REGIONAL “. Non consta quén foi o autor da fotografía,mais puido ser Manuel Chicharro Bisi (na foto da dereita) fotografo e intelectual sen que se poida asegurar plenamente. Alfredo Brañas posa nesta fotografía en traxe académico en posición frontal, aínda que cunha leve inclinación cara á dereita, e en nivel inferior, con ostensible exhibición da medalla academica, simbolo do seu doutoramento.smart

REUNIÓN DA GESTORA CO SOBRIÑO-NETO DE ALFREDO BRAÑAS.

Fotografias onde ollamos a entrada do Restaurante ” El  Manjar ” na rúa Jesús Fernández nº 7 (na zona do Calvario) ao carón da rúa Urzaiz. Eiqui foi onde se chegou o acordo para o traslado do Legado de Alfredo Brañas Menéndez, dende Vigo ao Concello de Carballo,na data do 27 de xaneiro do ano 2018. Na outra foto a reunión da gestora,formada polo catedrático de arte contemporaneo da Universidade de Vigo, Antón Castro Fernández e José Manuel Cameán Vázquez(promotor), co sobriño-neto do escritor, Santiago Gonzalez-Brañas Barreiro, que é o depositario do Legado do escritor.

Vigo     27  xaneiro   2018

XOGOS FRORAIS DA CORUÑA

Os  Xogos  Frorais  da Coruña, foron celebrados  o  2 de Xulio do ano 1861 no Teatro Principal ( hoxe Teatro Rosalía de Castro ) da Coruña, organizados por  Juana de Vega; (Condesa de Espoz y Mina- 1805-1872) y Benito Vicetto, son copiados dos Xogos Florals que se celebráron en Cataluña  en 1859 a imitación dos occitanos( antiga Aquitania francesa). Foron os primeiros xogos frorais celebrados en Galicia,, promovidos polo indiano Pascual López Cortón, foron  organizados tras os denominados Séculos Escuros, no que o galego aparece como lingua literaria e de cultura. Este Certámen gañouno o poeta Francisco Añón co poema ” A Galicia ”  ademáis duns poemas de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.

Na foto ollamos a Condesa Juana de Vega ademáis do Cartel dos Xogos.

LABOREMUS ( 1º Artículo ) adicado a Don. Carlos de Borbón.

Durante os últimos anos do século XIX as colaboracións na prensa de Alfredo Brañas foron moitas, precisamente polo seu artigo ” LABOREMUS ” publicado o 21 novembro de 1898 no Correo Español, foi denunciado diante do fiscal polo Ministerio de Fomento. O manifiesto foi motivo de escandalo para os rexionalistas coruñeses que veian como se entregaba o Rexionalismo en mans do Carlismo. Despois da publicación por Alfredo Brañas do artigo ” Laboremus” adicado a D. Carlos de Borbón no xornal carlista El Correo Español, a campaña de distanciamento dos liberais foi notable e intensa,a pesar de que Brañas replicou e matizou a súa posición de rexionalista nas propias páxinas da Revista Gallega, presidida por Galo Salinas.

—————-LABOREMUS  … Artículo dedicado a don Carlos de Borbón    —————————-

Señor : Los regionalistas compostelanos que ven próxima la renovación política de España, quieren someteros los estudios que vienen haciendo sobre la organización tradicional é histórica de la región gallega. El regionalismo no es un partido: es una agrupación de españoles, enemiga de todos los partidos, que aspira á reconstruir á España sobre la base de la autonomia administrativa regional, y de la consagración de los fueros y privilegios de los antiguos reinos.

El regionalismo ha triunfado en la opinión, pero no en la gobernación del Estado. Por si se acercan dias mejores, y muertos el parlamentarismo, la centralización y el liberalismo, es llegado el momento de plantear con toda rapidez posible la descentralización regional, los regionalistas gallegos deseamos dar á conocer nuestros proyectos para que sean examinados en su día por los consejeros y hombres de gobierno por Vos elegidos.

El primer proyecto que presentamos se refiere á la organización política interior de la región gallega, entendiéndose que no hacemos más que reducir á bases generales, redactadas en forma aforística, lo que después ha de ser desarrollado en preceptos más concretos ó en más amplias disposiciones.Carlos VII-Duque de Madríd

Na foto ollamos a D. Carlos de Borbón y Austria-Este( 1848-1909) Duque de Madríd, pretendiente carlista  o trono de España, baixo o nome de Carlos VII.

OUTROS DIXERON DE BRAÑAS

GALICIA Y BRAÑAS

Con cadenas de esclava, aherrojada,ved cual gime la Celtica matrona, la que un tiempo ostentó regia corona, la noble Suevia,triste y olvidada. –Sus hijos predilectos, la cuitada ve sucumbir en apartada zona, mientras alguno..¡ ingrato ! la abandona y la escarnece viéndola humillada. ¡ Triste madre, en verdad !…mas ya tu llanto trueca en lágrimas, dulces de ternura, que aún arde de la patria el fuego santo y hoy á la voz de BRAÑAS poderosa despierta iberia plácida te augura días de gloria y suerte venturosa.

ANTONIO NOVOA VELÁZQUEZ  1892

Nota:  D. Antonio Novoa Velázquez, es uno más de los amigos de BRAÑAS  que colabora en el Número Extraordinario del periódico ” EL ALCANCE ” , junto con  E. LABARTA  y BARCIA CABALLERO.Alfredo Brañas