Blog creado en Carballo sobre o escritor e ensaista Alfredo Brañas. Neste blog daremos conta da sua vida e obra e tamén das actividades que se levarán a cabo por parte do Padroado para facer un digno recoñecemento a súa figura.
En la foto inferior encontramos a la XXI Duquesa de Medina Sidonia, Luisa Isabel Álvarez de Toledo y Maura, fue una aristócrata, escritora e historiadora española, ( el primer ducado hereditario que se concedió en la Corona de Castilla en el año 1445, fué varias veces grande de España, que ostentó la jefatura de tres importantes casas nobiliarias : la de Medina Sidonia, la de Villafranca del Bierzo y la de los Vélez. Nacida en 1936 en Estoril (Portugal) y finada en el año 2008 en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). Tenia el apodo de Duquesa Roja ( debido a sus ideales democráticos y su oposición al franquismo, que hicieron de ella una noble aristócrata atípica. Su residencia principal fue el Palacio de los Duques de Medina Sidonia, situado en Sanlúcar de Barrameda que alberga uno de los archivos privados más importantes de Europa. A los 18 años fue presentada en sociedad en Estoril, junto con la infanta Pilar de Borbón.
La Duquesa Luisa Isabel de Toledo contrajo matrimonio en 1955 en Mortera con Leoncio González de Gregorio y Martí ( 1930-2008), de la familia de los condes de La Puebla de Valverde, con quien tuvo tres hijos. El 17 de enero de 1967 Luisa Álvarez de Toledo fue detenida por la Guardia Civil, cuando iniciaba sin autorización una marcha sobre Madrid, donde iban a manifestarse, una cincuentena de agricultores que exigían indemnizaciones a raiz de la contaminación sufrida en sus tierras por el accidente nuclear de Palomares. Fue procesada por ello y tras pasar por la cárcel de Ventas, acabó en la cárcel de Alcala de Henares. Se exilio en 1975 a Francia donde fue detenida por la policia francesa por pegar un puñetazo a un conductor y posteriormente cuatro tiros sin alcanzarle. Tras la muerte de Franco, Isabel regresó a España, acogiéndose a la amnistia y estableciéndose en Sanlúcar de Barrameda donde permaneció el resto de su vida.
En 1983 durante la boda de su hijo Leoncio, Luisa Isabel Álvarez de Toledo conoció a Liliane Dahlmann, que fue testigo del enlace por parte de la novia, con la que en pocos meses comenzó una relación sentimental. En el ano 2005, su marido le solicitó judicialmente el divorcio, y debido a que la Duquesa nunca contestó a la demanda, el juez se lo otorgó por los años de separación efectiva. El 7 de marzo de 2008 contrajo matrimonio in articulo mortis con Liliane Dahlmann, con quien llevaba más de veinte años de relación. Tan solo once horas después de contraer matrimonio, falleció en Sanlucar de Barrameda a consecuencia de un cáncer de pulmón, su cadáver fue incinerado y sus cenizas esparcidas en los jardines del Palacio de Medina Sidonia. En la foto inferior está el Castillo de Medina Sidonia.
Liliane Marie Dahlmann (1956) fue unha historiadora y presidenta vitalicia de la Fundación Casa de Medina Sidonia. Después de más de 20 años de relación sentimental contrajo matrimonio en articulo mortis en 2008 con la Duquesa de Medina Sidonia, la llamada duquesa Roja, Luisa Isabel Álvarez de Toledo y Maura, XXI duquesa de Medina Sidonia. En la foto inferior vemos la foto de Liliane Marie.
En el cruce de las calles está la efigie de ALFREDO BRAÑAS. Es como el ombligo del pueblo, que nos saluda recostado vestido de bronce, con su sonrisa, pierna sobre pierna, encendiendo sus ojitos color pardo que simula esconder tras unos anacarados espejuelos. A simple vista semeja un indiano, sin reloj ni zapato de charol, pero trajeado por Zara, Bien sabe el ilustre jurista que su vieja casa, donde vio por primera vez el limpio cielo azul para que por el pasaran el sol, la luna y las estrellas, es hoy un lugar de reunión de transeúntes sedientos, de amores púberes, de jueces y abades, de abogados y de condenados deshidrátandose con la sentencia que a golpe de botella dicta el tabernero.
Y es que entrar en el Mexillón (casa natal de ALFREDO BRAÑAS, es introducirse en un templo de la Heliópolis griega con la categoría de tabernáculo, que no parece noble, pero se razona. Hubo un tiempo en que las cáscaras de los mariscos eran alfombras del Mexillón, un tapíz cuyo ruido al pisar nos evocaba el otoño, cuando las hojas secas están por los suelos y parece que vamos pisando patatas fritas. Cuando se entra en el Mexillón da la impresión de que ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ nos está mirando fijamente. Que nos dice en voz baja » Bienvenidos al Imperio de Baco». ¡¡¡¡¡¡ ESCRITO DENDE MONTEVIDEO POR ANTONIO GARCÍA DE SEAREZ (TONI).¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Na foto ollamos a figura de José Nieto Rey coñecido na bisbarra polo Churrero, rexentaba unha taberna no lugar de Arabexo ( Val do Dubra ) e vendia churros polas romerias. Na foto ollamos a José no seu bar de Arabexo, tocando a súa gaita feita polo artesán Basilio Carril.
O Churrero empezou a tocar de rapaz, pero foi de maior cando se fixo coñecido co grupo » A SAGRADA FAMILIA «, composto por el mesmo á gaita, a súa muller ao bombo con pratos, o fillo á caixa, e a nora á voz e pandeireta. Era considerado un xenio da música popular e un virtuoso que se atrevía con cantos instrumentos lle caían nas máns. Ten un recordatorio de moitas aldeas da bisbarra, onde tantas noites os veciños bailaron ao son das súas logradas melodías. Eu lembrou que era un home moi agradable e estaba sempre disposto no bar a tocar a gaita ou a harmónica por dentro do mostrador. Xa fai anos que morreu.
Maruja Gómez González, conocida como LA GRAN MARUJA MALLO , nació en Viveiro en 1902 en un pueblo costero de Lugo y finada en Madrid en el año 1995. Fue una pintora surrealista, está considerada como artista de la generación del 27. Sus obras más importantes son » Cloacas y Campanarios » además de » Las Máscaras «. Fué pareja de Rafael Alberti, Maruja Mallo fué importante por ser figura clave de la Vanguardia española, artista que fusionó el arte popular con el surrealismo. Fue una de las mayores exponentes del cubismo y el surrealismo en España. La pintora española más importante de todos los tiempos.
En la foto superior ollamos a Maruja Mallo en Chile en el año 1945. Non tuvo un marido formal pero mantuvo relacións significativas, destacando o seu romance con poeta Miguel Hernández e a súa relación co poeta Pablo Neruda a quen coñeceu en París . Era coñecida pola súa independencia, formaba parte de un círculo de artistas e intelectuales que incluía a Dalí, Lorca e Buñuel. Está enterrada no cemiterio de Nuestra Señora de la Almudena en Madrid. Foi distinguida coa medalla de Ouro ao Mérito nas Bellas Artes (1982), e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. No ano 1990 Medalla de Ouro da Comunidad de Madrid, ao ano seguinte a Medalla de Galicia, e no ano 1992 con motivo do seu 90 cumpleanos, celebrouse unha exposición na Galeria » Guillermo de Osma » de Madrid, que amosaba por primeira vez, series de cadros pintados na súa época do exilio en América. Na foto inferior ollamos a Maruja Mallo con parte do seu traballo artístico.
Poema de Ramón Cabanillas : » O que a San Amaro vaia / nunca lle perderá a lei / nin á fala de seus pais / nin á Terra onde naceu » . ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Festa, festiña de Oira,/ festa do santo Amariño / naquel campo tan fermoso / ata baila o río Miño. — A presenza de Santo Amaro continúa moi viva en Galiza. Na Coruña dá nome ao cemiterio e dá nome a unha praia chamada de Santo Amaro. Amaro aquel home sabio que embarcou cara o interior do mar maior, quizá desde esta mesma praia, na procura da illa do paraíso. Viaxe prodixiosa que honramos, mesmo sen o saber, cada vez que desde a primeira infancia nos mollamos nesta auga tan fría. O noso santo Amaro o navegante que atopou á illa do Paraíso e retornou para contalo. Santo Amaro non figura no calendario litúrxico oficial. Ten escrito Méndez Ferrín que nun padrón de San Clodio do ano 1580 , Amaro aínda estaba e era un dos nomes máis frecuentes. Foi desde mediados do século XVI en que as normas de Trento, obrigaron o bautizo con nomes de santos e santas que están no ceo. Máis pola frecuencia con que aparecía, sobre todo en Galiza e Portugal, e a devoción que se lle tiña, terminou meténdoo asimilado a San Mauro. Ramón Cabanillas ten unha obra O romance » O Bendito San Amaro » que leva dibuxos de Alfonso Castelao. Santo Amaro é o patrón da comunidade galega de Lisboa. Na foto inferior ollamos o Cemiterio de San Amaro da Coruña onde está enterrado Manuel Murguía e os seus fillos.
Na foto ollamos a figura de Sofía Guadalupe Pérez Casanova de Lutostawski, nada en Almeiras ( A Coruña) en 1861 e finada en Polonia no ano 1958. Foi unha periodista, poeta e novelista, sendo a primeira española que exerciu como Corresponsal de guerra nun país extranxeiro, muller culta e moi coñecida nos ambientes literarios da época. Foi corresponsal do diario ABC en Polonia e Rusia, onde narraba o sufrimento da población civil durante a guerra. Ademaís do ABC, colaborou en La Época, El Liberal e Imparcial de Madrid, na » Revista Galicia » e en outras publicacións galegas e na prensa internacional, como La Gazeta Polska e el New York Times. De conviccións católicas e monárquicas; na guerra civil española sumouse a os partidarios do Xeneral Franco.
O 16 de xaneiro do ano 1958 morre SOFÍA PÉREZ EGUIA Y CASANOVA DE LUTOSLAWSKI, máis coñecida como SOFÍA CASANOVA, nada na Coruña en 1861, poeta, novelista e xornalista. Como xornalista foi recoñecida internacionalmente, e foi das primeiras mulleres correspondentes de guerra. Estivo en contacto co CÍRCULO DO GRUPO GALEGUISTA reunido na » LIBRERÍA REGIONAL» arredor de Manuel Murguía.
Na foto ollamos o antigo edificio, » REUNIÓN RECREATIVA E INSTRUCTIVA DE ARTESANOS » da Coruña. O 6 de xaneiro do ano 1847 ten lugar na Coruña a primeira Xunta pola que se acorda fundar nesta cidade este Asociación.
Elaboranse e aprobaranse os estatutos e o 19 de marzo dese mesmo ano inaugurase na Rúa Espoz y Mina nº 10, nun espazo de aluguer a súa Sede. Así comezaba o que hoxe chamamos o CIRCO DE ARTESÁNS, agora na Rúa San Andrés nº 36, ( que ollamos na foto inferior ), creado coa intención de establecer un punto de encontro para os comerciantes do Centro da Cidade da Coruña. Destaca dende o seu nacemento polo seu labor cultural.
Ao día de hoxe está no 1º andar do Circo de Artesáns a Asociación Cultural ALEXANDRE BÓVEDA. Na foto inferior ollamos a Sala de xuntas do Circo de Artesáns.
Na foto ollamos a figura de Celso Emilio Ferreiro, que o 4 de xaneiro do ano 1912 nacía en Celanova, máximo expoñente da poesía social en lingua galega.
No ano 1937 foi detido e condenado a morte por manifestar en público a súa opinión contraria ao réxime. Aínda que se evitou a súa execución, pasou encarcerado no Mosteiro de Celanova varias noites. Alí empezou a idear a súa obra máis importante » LONGA NOITE DE PEDRA » unha das obras clave da literatura galega contemporánea. Na foto inferior ollamos o Mosteiro de Celanova.
Despois da guerra colabora en diversas publicacións como » Faro de Vigo», » Litoral «, » Vieiros» e a revista de poesía » Alba», onde comeza a publicar poemas de » O Soño sulagado «. En 1966 emigra a Venezuela. O comportamento de certos sectores da emigración galega en Venezuela lévao a escribir » Viaxe ao país dos ananos». Os que o tiñan desterrado agora falan ben del. Escribe » Cantigas de Escarño e Maldecir (1975) «. ¡¡¡¡¡ O palurdo de alma lerda/ O tendeiro desertor,/ O vinculeiro da merda/ disfrazado de señor./ O lurdo carca refrito/ o monifate de entroido/ o aprendiz de señorito,/ marqués de quero e non poido./ O badoco endomingado,/ o franquista pousafol,/ o forricas desleigado,/ o pequeño burgués mol./ O devoto do onanismo,/ o feligrés de pesebre,/ o tolleito de cinismo,/ o que dá gato por lebre./ O rateiro do peirao,/ o refugallo incivil, / válense de Castelao/ pra esconder a caste vil./ Escoita puto nefando, /criado na servidume/ non pasará o contrabando/ dise teu noxento estrume./ Grotesco escriba sandéu,/ inxertado nun raposo./ Castelao nunca foi teu,/ porque Castelao é noso./ I anque a ti che importa un pito,/ sabrás que é cousa sabida,/ que estás incurso en delito/ de apropiación indebida. Na foto inferior ollamos a foto de Celso Emilio cando era xoven.
A IRMANDADE DE CARACAS fundárase no ano 1960, culminando unha estratexia de fusión de tres agrupacións : O LAR GALLEGO , que se creara en 1945, inspirado no Centro Galego de Buenos Aires, avivado en parte polas xestións de Rodolfo Prada dende a capital arxentina; O CENTRO GALEGO , no que participa entre outros o escritor Silvio Santiago, e a CASA GALICIA. Había outras entidades menores, pero estas eran as máis significativas. En pouco tempo a Irmandade recoñeceuse como a Institución emigrante con máis pulo de América, chamada a substituir en parte o que foran os centros galegos de Cuba, Montevideo ou mesmo Bos Aires. Hai crónicas que dan conta destes procesos, mesmo das liortas e desencontros da colectividade venezolana que no ano 1966 levou a CELSO EMILIO FERREIRO como responsable das actividades culturais e dous anos despois prescindiu del, desatando unha das polémicas máis sonadas no galeguismo daqueles anos. As eleccións na Irmandade promovianse dende dúas planchas : A PLANCHA 1 (Asociación Galaica ) era politicamente a máis avanzada que foi a que contratou a CELSO EMILIO FERREIRO, pero cando A PLANCHA 2 ( Grupo Unión) chega ao poder, o de Celanova vese obrigado a deixar o posto, acusado de comunista e separatista. Daquela naceu un dos libros máis coñecidos do autor: Viaxe ao país dos ananos ( 1968).
O orixe do apelido LABARTA, procede de terras navarras e francesas. Nas partidas de bautismo do pai e dos tios de ENRIQUE LABARTA POSE, que gardan no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense, puidemos comprobar que a familia paterna procedía de Santa María de Escote, Obispado de Olerón en Nabarra la baxa. Se imos ao mapa vemos que Escot, que así é o nome oficial, é unha localidade da actual rexión da Nova Aquitania, no departamento dos Pireneos Atlánticos, o que en tempos se chamou Baixa Navarra ou Navarra francesa, De fala gascoa, unha variedade do occitano, esta parroquia do val do rio Aspe sustentouse da agricultura e da gandería de grandes pastos, condicionadas polo clima de alta montaña. Por Escot pasa a Vía Tolosana, unha das catro rutas do Camiño de Santiago en Francia, que atravesa os Pireneos por Somport cara a Xaca, e de aquí vai a Puente la Reina, onde enlaza co camiño procedente de Roncesvalles. Neste lugar naceu Pedro Labarta Vázquez, un rapaz que un día decidiu coller ese Camiño e poñer rumbo a Galicia. Seguramente non chegase a Compostela, pero si á beira do río Avia, a Leiro, ao pé do Mosteiro de San Clodio. Se nos preguntamos a que veu aquí só podemos ter unha resposta: o viño. A montaña que rodea este val estaba inzada de cepas que os monxes de San Clodio plantaran desde tempos inmemoriais, pois disque neles está a orixe do viño do Ribeiro. Neste lugar, Pedro vai formar unha familia e vaise converter no gran patriarca dos Labarta galegos. Na igrexa de San Miguel de Lebosende, parroquia á que pertencía daquela Leiro, casou o 20 de marzo de 1793 con María da Raña Fernández, filla de Juan e Pastora, labradores do lugar de Leiro Grande. O novo matrimonio asentouse en Leiro Pequeno, onde naceron oito fillos: Luís, Bernardo(1799),Thomás (1801), Joseph Carlosn(1803), Francisco (1806), Vicenta (1809), Bernarda (1812), Juan Antonio (1815), e Miguel (1817). A producción vinícola familiar, con cepas nos concellos de Leiro e de Cenlle, debeu ser moi rendible pois todos os fillos varóns puideron estudar en Santiago. A predileción da maioría foi a carreira farmacéutica, coma no caso de Luís, Tomás, Francisco ou Miguel; mentres que Juan Antonio se decantou pola medicina e José Carlos polas sagradas ordes. Este chegaría a ser arcipreste de Faro ( A Coruña) e despois foi cóengo da Catedral de Santiago, mentres que Juan sería auditor e auxiliar médico da Armada, con longa traxectoria en Cuba.
smart
A querencia pola farmacia vai ser sinal de identidade dos Labarta, pois non só estes catro irmáns colleron este camiño, senón que entre os seus descendentes moitos seguiron o ronsel. Ademáis, todos combinaron a botica con outras actividades comerciais que lles habían reportar bos beneficios. O irmán máis vello, Luis, vaise asentar de primeiras en Carballo, onde adquiriu numerosas propiedades, pero axiña vai poñer os ollos en Compostela, onde a partir da droguería LABARTA REY HERMANOS da Praza do Pan ( hoxe Cervantes), se había converter nun dos homes máis ricos e influentes da cidade do Apóstolo. Seu irmán Tomás escolleu Noia para montar a súa botica, que combinaría con explotacións agrícolas e incluso cunha das fábricas de papel máis importantes da comarca. Francisco estivo en Carballo canda seu irmán Luis, pero acabaría asentándose en Baio logo de casar con Ramona Pose, e aquí, no lugar denominado Os Carballos da Botica, había nacer ENRIQUE LABARTA POSE. O benxamín Miguel apenas se vai dedicar á farmacia, pois herdou a produción vinícola paterna, que el vai ampliar a terras de Canedo, antigo concello lindeiro co de Ourense, onde casou con Rafaela Pérez-Bobo,dunha das principales familias da cidade das Burgas. Era tal o poder dos Labarta en Santiago que Miguel dispuña dun almacén no Mosteiro de San Martiño Pinario para vender o seu viño. A estes irmáns boticarios poderiamos sumarlle a Bernarda, que malia non estudar, como era de adoito na época acabaría casando con Eudoro Pardo, quen montou en Vigo,coa axuda de Luís Labarta, unha famosa droguería nun impoñente edificio da Porta do Sol. A semente de Pedro Labarta Vázquez estaba xa esparexida por Galicia e con tempo había medrar e extenderse aínda máis. Hoxe podemos dicir que a práctica totalidade dos Labarta que hai en Galicia proceden desta cepa que chegou de Escot a Leiro hai case 250 anos. Hoxe en día en Galicia hai medio cento de persoas apelidadas Labarta, dun total de 1500 en toda España. Segundo datos do INE de 2024, as provincias nas que este apelido é máis frecuente son Zaragoza (516), Huesca (275), Barcelona (184), Madrid (89), e Navarra (82). Estas cifras refírense ao lugar de residencia, pero se miramos o lugar de nacemento aumentan en número as provincias aragonesas e diminúe a capital española. Son como vemos, as provincias próximas aos Pireneos nas que atopamos máis casos deste apelido. Se imos ao outro lado da fronteira, o apelido Labarta quedou empequenecido pola forma do francés Labarthe. Se tomamos os datos do INESS, o Instituto de Estadística galo, entre 1891 e 1990 naceron en Francia 3048 persoas co apelido Labarthe, 123 co Labarta e 107 co Barta. Vaiamos logo á orixe do apelido Labarta, que parece claro que procede dun topónimo. Por terras aragonesas houbo algún lugar de alta montaña co nome de Labarta, hoxe desaparecido. No sur de Francia hai varias vilas chamadas simplemente Labarthe ou con forma composta. (Labarthe-Inard, Labarthe de -Neste, Labarthe-sur-Lèze etc), nas que o topónimo figura escrito no francés oficial. Pero se pescudamos a forma propia destes lugares na fala gascoa ou occitana, que é a propia deles, atopámonos con que nesta lingua a denominación sería La Barta, no que a primeira sílaba é o artigo, que, por aglutinación, acabaría dando Labarta ou Labarthe. Para coñecer o significado do substantivo barta atopamos dúas teorías distintas segundo os especialistas en etimoloxía gascoa: para uns significa arbusto ou bosque pequeno, mentres que outros din que fai referencia ás planicies aluviais inundables que discorren xunto aos cursos de auga. Sexa como for, Pedro Labarta deixou o val do rio Aspe para acabar botando raíces no val do rio Avia e dende aquí as pólas fóronse estendendo por toda Galicia.
O Pronunciamento de 1846 vai a mostrarnos a verdadeira dimensión dunha Revolución democrática e nacional que se estendeu por todo o territorio e durou semanas, meses e aínda anos con batallas que empregaron infantería, caballería e artillería. Hai unha responsabilidade nos historiadores tantos nos que afogaron esa realidade como os que a rescatan. E vai emerxer sen volta o perfíl da figura enorme de ANTOLÍN FARALDO que é o verdadeiro fundador da idea nacional galega. Según o comentario de Caramés de que cando fixo unha estampa para a edición na Galiza de El Pais só podía intuir e non sabía todo o que FARALDO era, lástima non terlle feito máis caso aos seus contemporáneos. Abondaba acreditar en Tettamancy e desconsiderar os catedráticos da Universidade española. Según o santiagués Suso de Toro comenta : ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ » Faraldo, un cometa na Revolución». ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ É inverno no 1840 e as rúas de Santiago imaxinámolas de pedra mollada e brillante. A cidade é un recipiente encerrado a presión, sometida a unha tensión entre as ideas reaccionarias do Arcebispado e as ansias liberais dos intelectuais conspiradores. Polas rúas camiña un mozo bébedo das súas propias ansias. ANTOLÍN FARALDO é un xove con fortes vivencias relixiosas e cunha paixón por fundir o mundo e, dese xeito, recrealo. Naceu no ano 1822 en Betanzos , fillo dunha nai moi pía e dun escribano que acudiu coa súa familia a Compostela na procura de máis traballo. ANTOLÍN cursou estudios de medicina, filosofía, física, e grego. Aquel espíritu dirixíse cara todos os lados procurando saír de si e alcanzar o mundo. Encontrará o seu camiño a partir dese ano 1840 até rematar nun estoupido coa Revolución de 1846. O momento da transformación comeza agora que se xunta con outros mozos intelectuais con preocupacións cívicas coma el e fundan a Academia Literaria. Todos eles están inspirados polas ideas liberais e comeza a remoerlles a preocupación polos males do país. A Academia é o berce da Galiza como país, con eles nace unha corrente Cultural e política, o galeguismo, que os seus creadores formulan baixo o nome de » Provincialismo «. O que nos demáis compañeiros desa institución eran ideas e ideais en FARALDO foi paixón. A que encontrou o credo, transformouse no máis destacado apóstolo daquela fe.
Ás posturas liberais, ANTOLÍN engade a defensa de Galicia como país. Morreu en Andalucia aso 31 anos esquecido da súa terra. O voceiro das ideas da Academia Literaria vai ser o Xornal El Idólatra de Galicia, un nome digno desa paixón desesperada, «periódico sabatino de literatura, ciencias y artes en general, moral y constumbres » no que colaborará desde o comezo. O xornalismo, a palabra en acción, a palabra ansiosa saíndo ao paso da rúa, vai ser o seu modo de estar na vida. Vai ser un par de anos despois cando comece a publicar en El RECREO Compostelano. FARALDO , incorporouse como periodista a este periódico que dirixia Antonio Neira de Mosquera, que logo se convertiría en Redactor, empleando o seudónimo de Abenhumeya. Está a evolucionar das preocupacións meramente culturais á problemática social e política. De xornal en xornal vai emerxendo neste tempo a súa personalidade apaixonada e un verdadeiro programa político para a rehabilitación da Galiza. Do Recreo pasa a La Situación de Galicia ( periódico político, literario e industrial ), onde o ideario liberal e galeguista é máis explícito. Nos seus escritos nesa època respira un alento profético que se inspira no ideal igualitario cristiano. FARALDO escribe sobre a nosa historia, analiza os problemas económicos e sociais, teoriza un mundo igualitario e un pais libre. Toda esa labor intelectual está ao servicio da mesma ansia, Todo o que escribia facíao ao servicio desa causa, redimir Galiza.
Pasou logo a dirixir El Porvenir, que lle deu un meirande protagonismo e co que estableceu un vencello xornalístico e intelectual co catalanismo. FARALDO estaba xa maduro para experimentar na práctica a súa ansia redentora, para pór en práctica un proxecto político radicalmente democrático e galego, o que el propio chamaba » a grande obra «. E foi entón cando se uniron o provincialismo revolucionario cuns militares revolucionarios liberais. O 2 de abril de 1846 comeza a Revolución Galega co pronunciamento dun militar liberal, o sevillano Miguel Solís, contra o Goberno conservador de Narváez, nomeado o mes anterior. O pronunciamento non foi secundado en guarnicións no resto de España e Narváez resultou destituido tres días despois, o 5 de abril. Mais xa tanto tiña, aquela muxica prendera na Galiza e deu lugar a unha explosión de enerxia que incendiará o país durante todo ese mes de abril até as súas cinzas. Solís cun batallón de mil homes camiño de Valladolid sublévase en Lugo e, tres días despois, súmase Santiago ao pronunciamento. É o momento de pasar das ideas á práctica a traves da insurrección contra o Goberno centralista. FARALDO e Pio Rodríguez Terrazo, que fora o editor do xornal provincialista La Situación de Galicia, no que participara ANTOLÍN, son elexidos presidente e secretario da Xunta Superior do Goberno de Galiza e forman un Batallón Literario que se suma á rebelión. Para saber até que punto ese Goberno tiña un carácter galeguista é preciso recordar que FARALDO xa dedendera, nunha Asamblea Federal en Lugo, a independencia da Galiza no 83. Non debe extrañar pois que a Xunta edite un xornal, Revolución, e que ANTOLÍN xustifique alí o pronunciamiento por defender posicións liberais frente ao Goberno conservador e o que distingue a este doutros anos pola defensa da Galiza como país : » Galiza, arrastrando hasque aquí unha existencia oprobiosa convertida en unha colonia da Corte, vai a levantarse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta amiga sincera do país consagrarase constantemente en engrandecer o antigo Reino de Galiza » E non conforme con iso, a Xunta acordou unha serie de medidas de tipo económico e social, como correspondía a un auténtico Goberno Galego ( rebaixa do sal, supresión do sistema tributario vixente, reforma do pasaporte, modificación do imposto de consumos.
Mais o conflicto durou poucos días. Nun abril de días claros e chuvias, as tropas estaban divididas entre dous mandos, o comandante Solís e o bribader Rubín. Éste fixo unha campaña confusa por Ourense, e as súas tropas axiña foron divididas e vencidas polas do Goberno, A Solís faltoulle o apoio da Coruña e Ferrol, onde non houbo pronunciamentos. Logo de varias batallas contra as tropas do Xeneral Concha, que contaba con artillería e cabalería, ten que retroceder e refugiarse en Santiago. O 23 de abril de 1846, as tropas de Solís acaban loitando nunha batalla longa e cruenta nas rúas e nas casas de Compostela. Rodeados no Convento de San Martiño Pinario e xa sen munición, rendíronse sen condicións : rematara o soño. Os oficiais, atados e amarrados en parellas, foron levados camiñando cara a Coruña. En Carral, nunha pousada, fíxoselles un xuizo de guerra e, dúas horas despois de acabar, SOLÍS e os principais oficiais foron fusilados polos seus propios compañeiros de armas. Chegaron novas tropas a Galiza e a represión foi moi dura, supuxo a morte ou o exilio de moitos intelectuales, foi unha perda dun par de xeracións de cadros dirixentes para construir un país. FARALDO foi un deles, exiliado e preso en Portugal primeiro. Cando recibiu a amnistía, foi a Madrid encontrar alí traballo como director como director de La Europa, un xornal liberal que durou poucos días. Nese momento, FARALDO esqueceu a » GRANDE OBRA «, a súa Galiza era imposíbel, comezaba unha nova vida e baixou a Andalucia buscar sol. MANUEL MURGUÍA escribe sobre esa època súa : » Desde este momento, FARALDO no nos pertenece. Su poderosa inteligencia, su pluma se puso al servicio de otras gentes y de otros pensamientos». » Parecía que todo él habia renacido al soplo de las auras andaluzas, que las nuevas emociones le hacían olvidar su pasado de las tristezas del destierro a las afortunadas aventuras de una juventud que acelera los goces porque toca ya en sus últimos limites. Hubiera vivido un poco más y tornaría con doble entusiasmo a sus antiguos amores. Así lle parecía a MURGUÍA, mais non houbo modo de sabelo pois a vida de ANTOLÍN FARALDO foi un cometa, e axiña descendeu á terra. Cóntao ben MURGUÍA : » Llegó, empero, el día triste en que huyendo de Madrid y buscando bajo el cielo de Córdoba el nido de amor que allí había dejado, vio lucir en el horizonte la última hora del día. Quería dicir que morreu con 31 anos: » Así cayó el primero y el mejor, lejos de su país, en la indiferencia y el olvido de los suyos».