ENRIQUE LABARTA E ALFREDO BRAÑAS

Enrique Labarta Pose (1863-1925), por consello do seu amigo, Alfredo Brañas Menéndez(1859-1900), ingresou na administración pública como empregado de Facenda, da mán do deputado, Eduardo Vicenti, a quen lle adicou o libro, Bálsamo de Fierabrás     (colección de versos en galego e castelán). Coincidíron en deixar a solteiria, cousa que aconteciu no ano 1885: Alfredo Brañas coa profesora, Ramona Casulleras Galiano, e Enrique Labarta ,coa estanqueira de Santiago, Elisa Martínez del Rio. Enrique Labarta fundou en 1888 a Revista ” GALICIA HUMORISTICA ” ,que tuvo un gran éxito. Logo a súa sona foi decaendo por residir fora de Galicia, ademais de non reeditar os seus libros,nin públicar outros novos.

BÁLSAMO DE FIERABRÁS

Obra escrita por Enrique Labarta Pose,nacido en Baio e contemporaneo e amigo intimo de Alfredo Brañas Menéndez. Esta obra é un orixinal adicado a Brañas con poesía manuscrita do autor. Son unha colección de versos en galego e castelán, con un prólogo de Alfredo Brañas Menéndez. Esta obra foi impresa, na imprenta de José M. Paredes, Virxen da Cerca nº 30 en  Santiago de Compostela no ano 1889.

Este libro orixinal, que no seu día foi un agasallo de Enrique Labarta ao seu amigo Alfredo Brañas con dedicatoria, está depositado no arquivo do Concello de Carballo,formando parte do Legado de Brañas.smart

XÁN BARCIA CABALLERO

Xán Barcia Caballero foi médico e escritor en español e galego (1852-1926) ademáis de catedrático nas Universidades de Granada e Santiago de Compostela,asi como director do Hospital de San Roque e do manicomio de Conxo en Santiago. De ideoloxia rexionalista e intimo amigo de Alfredo Brañas e médico persoal seu (foi quen o asitiu na súa morte). Esta placa atopase exposta no Claustro da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Unha das frases do seu limiar na obra do Rexionalismo,decía ” Moito vale o idioma, que o falar a mesma lingua, é un lazo moi forte que une aos homes ” .smart

FILOMENA DATO MURAIS

En 1891 o 30 de marzo,comenzou en Santiago de Compostela a Revista quincenal “A PATRIA GALLEGA” ,órgano da Asociación Rexionalista de Galicia,que terminou un 15 de xaneiro do ano 1892. Foi Alfredo Brañas o seu director, e á esta Asociación debense os XOGOS FRORAIS de Tui, onde solo se usou o idioma galego ,e dos que foi mantenedor Manuel Murguía,celebrados un 24 de xuño. Nos Xogos Frorais de Galicia, celebrados por primeira vez en Tui no ano 1891,pronunciaría ALFREDO BRAÑAS un vibrante discurso en galego; foi o primeiro discurso pronunciado en galego sin lectura,pois o de Murguía que lle precediu foi leido.

FILOMENA DATO MURUAIS ,tivo trato con Sofía Casanova,Manuel Murguía ,Lamas Carvajal,Vilar Ponte,Curros Enriquez e amiga intima de Emilia Pardo Bazan,nada en Ourense no ano 1856,a cal chámanlle a poeta das Mariñas. Nos Xogos Frorais de Tui antes mencionados, foi unha dos 5 poetas premiados. Nese mesmo ano escribiu a súa única obra FOLLATOS.(libro galego de 45 poemas,adicado a Infanta Sabela de Borbón.Filomena_Dato_Muruais

XAN BARCIA CABALLERO (1)

Xan Barcia Caballero (1852-1926) nado en Santiago de Compostela en 1852 ,foi médico e escritor,catedrático,director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo. De ideoloxia rexionalista,intimo amigo de Alfredo Brañas Menéndez que o atendiu ata a súa morte.

O poema mais coñecido de Barcia foi o nomeado ” O ARCO DA VELLA”  o cal foi premiado no Certamen Literario de Vigo no ano 1881.Foi redactor da Revista Española,de ideoloxía católico-conservadora.Formou parte do Grupo Rexionalista compostelán da Asociación Rexionalista Gallega. As diferencias entre tradicionalistas e liberales impidiron a consolidación da organización.Ademais foi presidente igual que Brañas do Ateneo León XIII de Santiago de Compostela situado na Algalia de Arriba .250px-Juan_Barcia_Caballero_1910

XAN BARCIA CABALLERO (2)

Xan Barcia amigo e médico de Alfredo Brañas Menéndez,colabora na prensa ligada a igrexia e o Cardenal Payá (Arzebispo de Santiago) de ideoloxia rexionalista,participa na constitución da Asociación Rexionalista Galega. Xan Barcia era de ideoloxia conservadora,formou parte activa con Brañas e outros compañeiros do grupo rexionalista compostelán como Manuel Murguía,Salvador Cabeza León,José Tarrio e Antonio Toledo Quintela ,do cal comenta Barcia que morreu nos seus brazos e tiñan un periódico no que fixeron un sitio para o carballés Alfredo Brañas.Xan Barcia Caballero

XAN BARCIA CABALLERO (3)

Según Xan Barcia  dicía que Alfredo Brañas Menéndez era ó home mais impresionable que coñecera na súa vida,o seu organismo era un manoxo de nervios. O entusiasmo era o estado habitual do seu ánimo; e haber vivido naqueles tempos sería o mais extravagante dos románticos. Grazas, a súa  actividade infatigable e á súa prodixiosa facilidade de acción non pasa a vida en soños,sinón que traduce en obras as súas multiples fantasias así é que tan pronto se apodera dunha idea, e sucede esto á cada momento, xa está poñendo por obra.JUAN BARCIA CABALLERO

JOSÉ MARÍA FENOLLERA IBÁÑEZ

Ollamos na foto a casa onde residiu e tiña o estudio de pintura José María Fenollera Ibáñez na rúa do Villar nº 54 (hoxe está ubicada a Sede Empresarial) en Santiago de Compostela.

Compostela tiña contraida unha débeda con el.No presente estámola saldando de vagar,pero co entusiasmo e a proxección que merece o artista.Hai dous anos rendénrolle homenaxe,coa colocación por parte do Concello dunha placa (que ollamos na foto)no número 54 da rúa do Vilar,onde Fenollera tivo a súa vivenda e estudo.IMG_20190309_181048_841