50 ANIVERSARIO DEL COLEGIO DE MAGDALENA BRAÑAS EN SANTIAGO

Magdalena Brañas, cuenta una anécdota sobre su hermano Alfredo : Pronunciando un discurso en Burgos, en el que se refirió a la cuestión de la masonería, 32 obispos se pusieron en pie para testimoniar su afecto y demostrar que estaban de acuerdo con él, respecto a sua tese. smart

ÓBITO DE MAGDALENA BRAÑAS MENÉNDEZ (2)

Notas necrológicas : Fallecemento de la respetable profesora Doña Magdalena Brañas. Ayer tarde falleció cristianamente en Santiago, la bondadosa señora doña Magdalena Brañas  Menéndez,que contaba ochenta y dos años de edad. Profesora de tantas generaciones de alumnos que pasaron por su Colegio,era considerada en la más alta estimación y respeto.

Jueves 13 de diciembre  1956

smart

MAGDALENA BRAÑAS MENÉNDEZ

Magdalena Brañas Menéndez, foi a cativa da familia Brañas Menéndez. Naceu en Santiago na rúa Azabacheria nº 20 o día 27 de xaneiro do ano 1872 e finou en Santiago o día 12 de decembro do ano 1956.

Nas fotos( arriba a primeira pola esquerda, a súa foto ); na da dereita, saíndo da Catedrál de Santiago,con Julia Barreiro Munín(1906-1987), e ao carón , a esquela do seu pasamento. Nota:  Estas fotos forman parte do Legado, que está depositado no Arquivo do Concello.

 

CADROS DEPOSITADOS NO ARQUIVO DO CONCELLO DE CARBALLO

Ollamos os diferentes cadros do Arquivo Municipal de Carballo,pertencentes ao Legado de Alfredo Brañas Menéndez, donado polos sobriños-netos do Ilustre Galeguista carballés. Arriba pola esquerda.Primeiro; súa irmán Magdalena (a máis nova da familia.  Segundo cadro; ( O Título de Licenciado en Dereito Civíl e canónico; aos 22 anos,cursado o 7 de maio de 1878. Terceiro cuadro; (ignorase). Cuarto cuadro; ( Concesión do Título de Fillo Predilecto de Carballo a Alfredo Brañas Menéndez a título postumo,en Carballo a 26 de febreiro do ano 2000). Quinto cuadro; ( partida de nacemento con foto da súa casa natal na rúa Martín Herrera) . E por último dous  cadros de Alfredo Brañas( o primeiro pola esquerda,cando se licenciou en Santiago de Compostela.

 

O ABELLÓN

O Abellón

O Abellón, é un poesía satírica de Alfredo Brañas, que foi premeada na Cruña cun Accesit  no ano 1884, publicada pola Voz de Galicia e logo no Tio Marcos da Portela,no seu estreo no Teatro Novo o Principal (hoxe Rosalia de Castro ). A costume do Abellón non é toda igual en todas-as deferentes comarcas de Galiza. A descrebida por Brañas na súa poesía é a propia das Rias Baixas. Cando morre unha persoa,os pais,fillos,irmáns e demais parentes que moran na mesma casa preséntanse vistidos de negro;as mulleres tápanse a testa cunha prenda de pano que lle chaman mantelo. É de todo imprescindibre que os defuntos sexan ben chorados. Se non houbera Abellón a familia do morto quedaríase deshonrada e sería tratada de tacaña polos veciños.Na comarca céltica de Bergantiños ten un aire máis serio.Non hai xogo de prendas,nin se coñece o Abellón. En cambio a cea é todo un acontecemento,os pratos de macallao e sardiñas,trocanse nas aldeas de Bergantiños, en pratos de raxo. Na foto ollamos a escenificación da obra cando bailan arredor do difunto para que a súa alma sexa recollida polas alas do abellón. Alfredo Brañas describe nunha poesia de carácter satírico, destinada a ridiculizar e contribuir a desaparición desta tradición impropia da modernidade. O Abellón, chamase así a un arcaico ritual funerario que ata principios do século XX, levábase a cabo en Galicia, na zoa das Rias Baixas. Co nome de danza do Abellón denominase un antigo rito funerario no que todos os familiares e asistentes ó velorio dun cadáver ; formando roda collidos da  mán, daban voltas a redor do corpo imitando o zumbido dun abellón.

MONARCAS DURANTE A VIDA DE BRAÑAS

As biografias referentes a Alfredo Brañas son tan pobres,que parecen follas de servicio incompletas.Hai aspectos da súa vida que ainda faltan por aclarar. Unha das posibles causas da carencia de datos da vida de Brañas podia ser,por unha parte,a súa modestia,a súa propia vontade de manter reservada a súa vida privada. A súa  existencia transcurriu por varias fases politicas no goberno de España que lle tocou vivir. Cando naceu Brañas no ano 1859 reinaba en España Isabel II (que reinou entre 1833 e 1868) en setembro do ano 1868 prodúcese unha revolución.Tralo pronunciamento en Cádiz do Almirante Topete e o levantamento doutras forzas.Nese intre Isabel II vese obrigada a abandona-lo país. Froito desta revolución foi a Constitución de 1869( tiña Brañas 10 anos),a primeira con matices democráticos da nosa historia,ainda que o sufraxio universal era soamente masculina. De este xeito houbo a necesidade de atopar un novo monarca que finalmente foi Amadeo de Saboya quen ocupou o cargo ata que abdicou en febreiro do ano 1873(tiña Brañas 14 anos). Entre outros factores sociais e económicos da crise foi o inicio da terceira guerra carlista(1872-1876) e a guerra de Cuba (1868-1878).No ano 1873 en xuño proclamouse a Primeira República española que trouxo un enfrentamento entre os que queria unha república federal e outros unitaria. Logo que o xeneral Pavia liquidara as Cortes republicanas a principios de 1874 impoñendo da República unitaria.O xeneral Martin Campos o 29 de decembro de 1874 remateou coa República e proclamou como rei a Alfonso XII, fillo de Isabel II en quen éste abdicara en xuño de 1870. Reinando ata o ano 1885(tiña Brañas 26 anos) en que morreu o 5 de novembro,e foi a súa muller María Cristina quen ocupou a rexencia ata a maioria de idade de seu fillo Alfonso XIII ,cousa que aconteceu no ano 1902.smart

PERIÓDICO PENSAMENTO GALAICO

Na xuventude de Alfredo Brañas no ano 1879,cando el tiña 20 anos,polas investigacións de  Antonio López Ferreiro foron atopados os restos do apóstol Santiago na catedral; eran tempos de organización do movemento obreiro. En Santiago os xornaleiros convocaron a primeira folga obreira no ano 1890, e a Asociación Tipográfica esixia a xornada de nove horas diarias. Habia un enfrentamento entre a iglesia e os partidos políticos conservadores en contra do movemento obreiro,era cando o sindicalismo estaba en ascenso. Alfredo Brañas falaba nunha conferencia na Unión Obreira de Santiago do verdadeiro concepto do salario. Neses tempos de finales do século XIX, Santiago vive un declive político e administrativo o deixar de ser no ano 1833 capital dunha das sete provincias do antigo reino de Galicia. A raiz diso o Concello tuvo que facer un esforzo económico para modernizar a cidade de Santiago que era unha das cidades de Galicia onde máis prensa se leía no século XIX. Habia unha élite social que estaba ao día da política e do desenrolo cientifico. Na decada dos oitenta habia 30 periódicos,entre os que destacaba PENSAMENTO GALAICO(onde colaborou Brañas e logo deixouno polo carlismo declarado do periódico,xa que era un diario católico-tradicionalista)-GALICIA ILUSTRADA-LA REGION GALEGA-LA GACETA DE GALICIA-CAFÉ CON GOTAS-CICLÓN e SIGLO FUTURO.EL PENSAMIENTO GALAICO

CAPITANIA DA CORUÑA

As Bases Xerais do Rexionalismo e a súa aplicación a Galicia,son o primeiro documento orgánico e articulado do movemento rexionalista galego. Alfredo Brañas redactouno no mes de agosto do ano 1892 en Vilagarcia de Arousa,pero non foron publicados,pero teñen moito intéres para fixar o pensamento de Brañas. Si manexaba o rexionalismo literario e folclórico era pola afinidad do sentimento galego que o animaba. Debense a Alfredo Brañas Menéndez periódicos rexionalistas, campañas políticas rexionalistas como a Xunta de Defensa, A Liga Galega. Chegou o momento que o Rexionalismo deixou a ideoloxia e pasou a discusión e o xerme que brotou foi pola suspensión da Capitania General da Coruña, intentada polo Xeneral  José López Dominguez( 1829-1911 ) que ollamos na foto.José_López_Domínguez_(Palacio_del_Senado_de_España)

RUINAS DO CEMITERIO DE CAMBADOS

Ruinas de Sta. Mariña Dozo ( Cambados ) iglesia construida no século XV sobre unha capela románica do século XII de estilo gótico mariñeiro con trazos renacentistas,conserva catro arcos transversales románicos,cinco capelas laterais, a capela maior e á sacristia. O atrio alberga o máis melancólico camposanto do mundo según verbas de Álvaro Cunqueiro. Neste campo santo foron enterrados o pai de Alfredo Brañas de nome  Vicente María Brañas Balseca,onde hai copia literal do orixinal que se atopa no Rexistro Civil de Cambados da acta de defunción do 30 de agosto do ano 1874; causas da morte convulsión epiléptica. Tamén foi enterrada a súa filla Luisa Brañas Menéndez,(irmán de Alfredo )bautizada en Santa Mariña Dozo o 3 de febreiro do ano 1863 e finada o 2 de outubro do ano 1866.smart