O Duque de Terranova D. Alfonso Osorio de Moscoso, compañeiro de estudios de Alfredo Brañas, que cando quedou orfo de pai, foi o duque quen o presentou a súa nai, a Duquesa de Medina de las Torres, Doña Eulalia Osorio de Moscoso y Carbajal ( na foto ), que se constitui en protectora del. Tamén será a que axude económicamente ao casamento de Teresa Brañas ( irmán de Alfredo ) con Tomás González, do que nace o médico e poeta Alfredo González Brañas, que foi o que máis tarde cedeu o cadro de Alfredo Brañas (na mecedora ) pintado polo coñecido pintor José María Fenollera. Magdalena Brañas a irmán máis nova de Alfredo fora partícipe das enseñanzas e formación do Duque de Terranova, coñecido co nome de D. Alonso Osorio de Moscoso (na foto) amigo intimo de Alfredo Brañas. Sendo Senador dende o ano 1894 a 1901 , ano no que finou en Vilagarcía.