PERIÓDICO ” EL CORREO ESPAÑOL “

El Correo Español, periódico fundado polo periodista Luís María de Llander- primeiro director no ano 1888. Sendo o propietario Carlos de Borbón y Austria-Este,e  sendo impulsado entre outros polo marqués de Cerralbo. O periódico desarrollará un papel moi importante na reorganización do carlismo.   Trala marcha de  Juán Vázquez de Mella y Fanjul (1861-1928) de Santiago de Compostela a Madríd, pensan en el pra dirixir o xornal.—- Vázquez de Mella xa formara parte da Revista de la Juventud Católica de Santiago sendo vicepresidente primeiro, Alfredo Brañas Menéndez e como vicepresidente segundo o doutor en Medicina, Juan Barcia Caballero; tamén colaborou na revista A PATRIA GALEGA  que estaba presidida por Manuel Murguía e con Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, como vicepresidentes. Dirixira últimamente o PENSAMENTO GALAICO e o DIARIO DE GALICIA,dando por finalizada a súa etapa en Santiago. Pasando a súa andaina no periódico  O CORREO ESPAÑOL de Madríd, onde asume o liderato do Carlismo . En Galicia e sobre todo en Cataluña, a igrexa botou man dos rexionalistas- onde Alfredo Brañas era un deses elexidos, para desenrolar a labor xornalística ó servicio do catolicismo. Os carlistas quedáran sin voceiro na capital de España e por iso crean O CORREO ESPAÑOL. Juan Vázquez de Mella, que coñecia ben a Brañas da súa etapa de Santiago,tenta conquistalo e integralo xuntamente co seu grupo de Compostela,sobre todo cando se decata que os liberais da Coruña, liderados por Manuel Murguía se fixeran co control do movemento rexionalista. Onde é destacado o artigo ” de _Alfredo Brañas,  “LABOREMUS “,  cunha especial dedicatoria a Carlos de Borbón, publicado o 21 de novembro de 1898, que tanta tensión provocaría no goberno. Entre Vázquez de Mella e Alfredo Brañas existiu sempre unha gran amizade, onde Vázquez de Mella fixo publicamente loas de Brañas e moitas veces saíu dos seus labios no Parlamento o nome de Alfredo. A colaboración de Alfredo Brañas no periódico O CORREO ESPAÑOL , sen ser asidua, está formada por artigos de diversa indole, xa relixiosa, literarias ou rexionalistas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s