A dificultades económicas da familia obrigan a Alfredo Brañas a pensar na emigración, esta vez a Madrid, a onde chega no ano 1880, alí viuse obrigado a baixarse ós oficios máis homildes, pero non deshonrosos, gañaba tres reás diarios, primeiro repartindo entregas, onde un se pregunta como puido vivir con semellante miseria. A súa primeira actividade xornalística continuada comenza en Madrid, entre finais de 1880 e principios de 1881, no xornal canovista , liberal-conservador denominado ” LA POLÍTICA ” fundado en 1863 por Pedro Antonio de Alarcón y Ariza (1833-1891- na foto pola esquerda); empezou a publicar artigos no xornal e logo entrou a formar parte da súa redacción. A desaparición do xornal LA POLÍTICA acontece un 24 de febreiro de 1881 onde languidece progresivamente por falta dunha dirección idónea ; para inxectarlle savia nova, os copropietarios suxeriron a posibilidade de darlle unha nova orientación, sen que entre ámbolos donos nese intre o Marqués de Villamantilla e o Conde de Casa Sedano (na foto pola dereita) que nese intre era o director do xornal chegaran a acordo e polo tanto, decidiron pechalo. Polo que se deduce que Alfredo Brañas viviu os últimos días de vida do xornal canovista en Madríd, onde volta a Galicia a mediados do ano 1881, a Cambados e logo a Santiago, onde foi chamado polo seu amigo Barcia Caballero para propoñerlle a redacción de EL PORVENIR de Santiago.