PERIODICO EL ALCANCE

El Alcance, definido na súa cabeceira como ( diario católico-noticieiro-independiente-telegráfico-defensor dos intereses morales e económicos de Galicia ), do que era fundador ademáis  de dono e director do mesmo Antonio Fernández Tafall ;que ollamos na foto a dereita,( fillo de Manuel Bibiano Fernández, que fora fundador da Gaceta de Galicia). Antonio Fernández adicoulle un número extraordinario a Alfredo Brañas no seu periodico xa que era colaborador do xornal o 1 de xuño de 1893 con un encarte de seis páxinas, en papel satinado, que contrastaba co poroso da edición diaria, con unha gran portada na primeira paxina, na que figuraba a icona de Alfredo Brañas, como ollamos na foto, enmarcada no seo dunha siboloxía galega. O xornal reproducia o seu discurso no banquete celebrado en honor dos poetas laureados nos Xogos Florais de Barcelona, a noite do día 7 de maio do ano 1893. No número extraordinario figuraba unha extensa colaboración, na que, ademais dos inevitables amigos Xoán Barcia Caballero ou Salvador Cabeza de León, asi mesmo a de Manuel Murguía, quen en vez de falar de Alfredo Brañas, como implicitamente estaba claro que debia ser, saía cunha evocación da xuventude e a esperanza nos novos rexionalistas. Da parte artística do número extraordinario encargouse o coñecido artista santiagués e profesor da Escola de Artes e Oficios, Xosé Peña Menéndez. O  Xornal agradeciulle a Xosé Pena a súa colaboración no tocante a parte artistica do extraordinario do diario El Alcance, xa que a súa función limitábase á portada, xa que o resto do xornal non estaba ilustrado.  Na portada de Xosé Peña situaba a Brañas nun cartela, con cravos, que realzaban a obra. Ollanse unhas follas de acanto como adorno, sobre o que se asenta o busto de Alfredo Brañas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s