O ABELLÓN

O Abellón

O Abellón, é un poesía satírica de Alfredo Brañas, que foi premeada na Cruña cun Accesit  no ano 1884, publicada pola Voz de Galicia e logo no Tio Marcos da Portela,no seu estreo no Teatro Novo o Principal (hoxe Rosalia de Castro ). A costume do Abellón non é toda igual en todas-as deferentes comarcas de Galiza. A descrebida por Brañas na súa poesía é a propia das Rias Baixas. Cando morre unha persoa,os pais,fillos,irmáns e demais parentes que moran na mesma casa preséntanse vistidos de negro;as mulleres tápanse a testa cunha prenda de pano que lle chaman mantelo. É de todo imprescindibre que os defuntos sexan ben chorados. Se non houbera Abellón a familia do morto quedaríase deshonrada e sería tratada de tacaña polos veciños.Na comarca céltica de Bergantiños ten un aire máis serio.Non hai xogo de prendas,nin se coñece o Abellón. En cambio a cea é todo un acontecemento,os pratos de macallao e sardiñas,trocanse nas aldeas de Bergantiños, en pratos de raxo. Na foto ollamos a escenificación da obra cando bailan arredor do difunto para que a súa alma sexa recollida polas alas do abellón. Alfredo Brañas describe nunha poesia de carácter satírico, destinada a ridiculizar e contribuir a desaparición desta tradición impropia da modernidade. O Abellón, chamase así a un arcaico ritual funerario que ata principios do século XX, levábase a cabo en Galicia, na zoa das Rias Baixas. Co nome de danza do Abellón denominase un antigo rito funerario no que todos os familiares e asistentes ó velorio dun cadáver ; formando roda collidos da  mán, daban voltas a redor do corpo imitando o zumbido dun abellón.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s